El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación elabora unha estratexia para combater os ciberataques

28-05-2017 12:17:43
Pleno da Deputación da Coruña.

A Deputación da Coruña vén de aprobar, no pleno celebrado o venres 26 de maio, unha política de seguridade da información que se implantará en todos os sistemas informáticos dependentes da institución provincial.

Este documento establece os protocolos, sistemas de xestión e estratexias a seguir para garantir a calidade da información e que non se interrompan os servizos prestados pola Deputación en caso de incidentes fortuítos ou deliberados, coma os ciberataques acontecidos recentemente. 

A Deputación deseñou unha estratexia consistente nunha serie de medidas preventivas, boas prácticas de xestión, mecanismos de detección, comunicación e xestión de incidentes de seguridade, para poder solventalos no menor prazo posible.

Paralelamente, tamén se instalarán sistemas de detección automática, que monitorizarán os servizos para detectar anomalías e poñer en marcha procedementos de resposta ante calquera tipo de ameaza que involucre os sistemas de información e comunicación da Deputación. Do mesmo xeito, establécense mecanismos de recuperación co obxecto de minimizar o impacto dos incidentes de seguridade.

Este modelo de xestión da seguridade denominarase SXSI (Sistema de Xestión de Seguridade da Información) e persegue un triplo obxectivo:  garantir o cumprimentos das normas internacionais e a lexislación vixente na materia, evitar incidentes de seguridade que puidesen afectar ao cumprimento das funcións da Deputación e minimizar os riscos para información almacenada, coma os datos dos usuarios dos servizos da institución provincial ou diferentes procesos administrativos. 

Asemade, a aplicación de todas estas medidas permitirá obter datos para alimentar os indicadores de seguridade da información e poder elaborar estudos e estatísticas. Para elo, realizaranse auditorías técnicas periódicas das infraestruturas, sistemas e aplicacións da Deputación. 



Sesión formativas para protexer os datos e previr os incidentes

Co obxectivo de asegurar que a nova política se implante adecuadamente, a Deputación da Coruña ofrece varias sesións formativas sobre seguridade da información. Deste modo, todo o persoal da institución provincial recibirá a formación axeitada para aplicar a nova política de seguridade e estará capacitado para previr, reaccionar, actuar e recuperar a normalidade ante os posibles incidentes. 


Impulso á transformación dixital

Deste modo, a Deputación da Coruña quere manter o seu compromiso coa  pola transformación dixital, que se reflicte en cifras como os 60.000 expedientes tramitados o pasado ano de forma integramente electrónica. Ademais, a institución provincial tramita xa todas as súas liñas de subvencións a concellos e entidades e os seus plans de investimentos nos concellos de forma dixital, o que permite a redución de tempos na tramitación, aforro de tempo e diñeiro aos solicitantes e ao erario público e maior transparencia na xestión.

Igualmente, a Deputación impulsa a dixitalización nas administracións locais, deseñando e implantando as sedes electrónicas dos municipios que o soliciten, o cal permite que melloren a súa eficiencia e faciliten aos cidadáns a realización de trámites. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias