El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Agadic colabora co Atlantic Fest da Illa de Arousa

16-06-2017 16:17:07

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve colaborar co Atlantic Fest, que celebrará a súa segunda edición do 30 de xuño ao 2 de xullo na Illa de Arousa. Tras a boa experiencia do ano pasado, volven organizar conxuntamente o mercado GalicianTunes, unha carpa de expositores e showcases que de novo formará parte do programa de actividades.

A oferta completa foi presentada hoxe nun acto desenvolvido no Auditorio Municipal e no Centro de Interpretación da Conserva da localidade arousá coa participación do alcalde da Illa, Carlos Iglesias; a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva; o director da Agadic, Jacobo Sutil; o director do festival, Antonio Caneda, e os representantes do resto das entidades patrocinadoras e colaboradoras.


Paisaxe e música

Na súa intervención, Sutil subliñou os ingredientes que fan deste festival unha iniciativa chamada a ter continuidade como cita destacada no mapa galego de festivais de música: “Un marco natural valioso paisaxística e culturalmente, unha organización e unha xestión altamente profesionalizada e unha carteleira artística de primeira liña, coa presenza de figuras de talle nacional e internacional, pero sen perder de vista a promoción da música que se está a facer na actualidade en Galicia e o apoio á difusión dos seus intérpretes”, asegurou.

Así, no cartel que se despregará tanto no escenario da praia do Bao, como noutros puntos da Illa como o Auditorio Municipal, a Praza de Abastos e as propias rúas da localidade, figuran Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maxïmo Park, Delorean, L.A., Annie B. Sweet, Joe Crepúsculo e Rosalía & Raül Refree, entre outras bandas, xunto cos galegos Os Amigos dos Músicos, Electric Feels, Sen Senra, Puma Pumku, Dois, Esposa, Mounqup e Kings of the Beach.


Espazo de encontro para o sector musical

O director da Agadic explicou que a colaboración da Xunta co Atlantic Fest materialízase a través de GalicianTunes, a marca para a difusión exterior da música feita en Galicia, que conta xa con 400 artistas e grupos rexistrados na súa plataforma dixital. “Seguimos a contribuír, deste xeito, á fundación dun novo espazo de encontro para o sector musical galego, no que se darán cita empresas e profesionais desde os stands que estarán dispostos nunha carpa no recinto do festival, carpa que este ano muda e mellora en situación e dimensións, e na que tamén haberá lugar para un programa de charlas e de showcases”, continuou.

Estas actuacións na carpa GalicianTunes estarán prortagonizadas por bandas emerxentes, como Komodo e Audionave –dúas das gañadoras do concurso de maquetas dos Estudios Mans–, xunto con Antilia, Doen, Víctor Coyote e Mecanismo Ruso.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias