El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

"Usa a auga con cabeza" busca fomentar o uso responsable deste recurso durante a época estival Escoitar

14-07-2017 12:32:25

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, pon en marcha unha nova edición da campaña para fomentar o uso responsable deste recurso. ‘Usa a auga con cabeza’ vén a poñer de manifesto que aínda que os galegos estamos afeitos a vivir nunha terra de auga e a pensar que a seca non é unha situación que se poida dar nesta comunidade, debemos ser conscientes de que en Galicia a auga é unha imprescindible fonte de vida e un recurso finito.

Trátase dunha campaña de concienciación que chame á sociedade a facer un uso responsable da auga, dado que, aínda que Galicia non é polas súas características unha terra de seca é moi posible que no futuro vexamos algunhas consecuencias se non facemos un uso responsable da auga.

Nesta iniciativa preséntase unha esaxeración para chamar a atención sobre unha situación que, sen ser propia da comunidade dos mil ríos, podería chegar a selo se non tomamos medidas e se non facemos un uso responsable da auga.

A Consellería de Medio Ambiente decide poñer en marcha esta iniciativa para recordar a necesidade de facer un uso e consumo responsable dos recursos hídricos, sobre todo tendo en conta que durante a tempada estival a capacidade de recarga dos encoros diminúe – as probabilidades de choiva redúcense-, e que nos mantemos nunha situación de prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica na Demarcación Galicia Costa.

A pesares da situación de prealerta, o abastecemento de auga á poboación está garantido. Neste sentido, lémbrase que os encoros da Demarcación Galicia- Costa están ao 92,43%, cinco puntos menos que en 2016.

A campaña terá presencia nos medios de comunicación, como a prensa e as radios, así como difusión on-line, a través dos perfís sociais de Augas de Galicia e de distintos departamentos do Goberno galego.

Compre subliñar que, con pequenos e sinxelos xestos que cada cidadán de xeito individual pode poñer en práctica axudamos a reducir o consumo da auga. Por exemplo, enchendo o lavalouzas ou a lavadora, afórranse 80 litros de auga e tamén enerxía eléctrica; ducharse en lugar de bañarse, permite aforrar case 200 litros; e é importante pechar as billas, porque gota a gora pódense ir 30 litros ao día. Así mesmo, é importante optimizar o consumo de auga en accións como lavar o coche, limpeza de rúas o regos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias