El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

DURANTE AS VACACIÓNS

Medio Ambiente e Sogama lanzan un decálogo para mellorar a xestión dos residuos

15-07-2017 13:44:04

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama veñen de publicar un decálogo para mellorar a xestión dos residuos durante as vacacións. Conscientes dos cambios de hábitos e da situación de relax asociada a tempada estival, o departamento autonómico en colaboración coa entidade con sede en Cerceda propoñen 10 fórmulas para non baixar a garda e seguir reducindo os residuos e incrementar as cotas de reciclaxe.Trátase, polo tanto, de sinxelas recomendacións para que a xestión sostible do refugallo viaxe cos cidadáns e se faga efectiva en calquera parte do mundo na que se atopen. Deste xeito, o decálogo comeza cunha oportunidade que pode representar o dispoñer de maior tempo libre para baleirar armarios e caixóns e facer provisión do inservible para despois depositalo nos puntos de recollida apropiados. Roupa e calzado agora en desuso, aparellos eléctricos e electrónicos que xa non funcionan e unha infinidade de artigos que acumulamos nas nosas casas e que poden ter unha nova vida grazas á reutilización e á reciclaxe.Así mesmo, incídese na necesidade de poñer freo ao usar e tirar, tan habitual nos picnics, comidas na praia e merendas no campo, que se pode lograr substituíndo as vaixelas de plástico pola súa versión reutilizable (louza, cristal, aceiro, etc) e con longa vida.A loita contra o littering ou abandono de residuos en contornas naturais, e que se acrecenta no verán debido a unha climatoloxía máis benévola para gozar de actividades ao aire libre, debe estar tamén moi presente, do mesmo xeito que o debe estar a recollida selectiva. A máxima de un lugar para cada cousa e cada cousa no seu lugar debe cumprirse para garantir a reciclaxe. Cada tipo de colector debe acoller o residuo correspondente co fin de lograr a súa transformación en novas materias primas.A oportunidade para a compostaxeA autocompostaxe eríxese igualmente nunha magnífica solución para o tratamento da materia orgánica. As vivendas con xardín e horto constitúen o escenario idóneo para elaborar abono de alta calidade a partir dos residuos orgánicos e utilizalo de novo como fertilizante natural.Nada pola borda. Este debe ser o lema para os que sucan os mares, que hoxe se converteron nos grandes vertedoiros da humanidade. A elevada presenza de residuos, sobre todo de plásticos non biodegradables, están a ocasionar serios danos nos ecosistemas e a fauna mariña, pois provocan a morte de moitos animais, que os confunden con alimento.Tamén as vacacións poden ser un bo momento para apuntarse a actividades de voluntariado ambiental. De feito, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de pór en marcha, en colaboración coa Consellería de Política Social, un programa de voluntariado ambiental, que permitirá desenvolver tarefas de limpeza, conservación e recuperación dos ecosistemas dentro dos parque naturais de Galicia. Neste senso, cómpre sinalar que o verán é un momento propicio para realizar actividades cos pequenos que permitan un maior contacto coa natureza e, así, incentivar o seu respecto pola contorna.Evitar que a comida acabe no caldeiro do lixoReducir o desperdicio alimentario configúrase como outro dos obxectivos que debe estar moi presente. Festas, comidas con amigos, o xantar na praia e no restaurante repítense cada día, e moitas veces as sobras de comidas acaban irremediablemente nos cubos do lixo. A racionalidade imponse. Elaborar unha lista previa da compra, adaptar as racións ao número de comensais, diferenciar entre data de caducidade e data consumo preferente, e aproveitar os restos para novos menús constitúen pequenos xestos que traerán consigo un gran aforro de recursos. Levar o tupper ao restaurante para os sobrantes non debe xerar ningunha situación incómoda nin vergoñosa. Trátase de maximizar o aproveitamento.Así que, o decálogo que o mes pasado publicaban conxuntamente a Consellería de Medio Ambiente e Sogama están en plena vixente, xa que cómpre lembrar que ningunha destas accións terían sentido se non se estenden ao resto do ano, xa que só a través da perseveranza e a responsabilidade compartida lograrase facer fronte á problemática que representan os refugallos.O reto reside en abandonar o modo de vida lineal, caracterizado polas malas prácticas de extraer-producir-usar-tirar, e transitar cara a un circular no que os residuos se transformen en recursos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias