El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

OURENSE

Educación inviste 8 millóns para impulsar a investigación no Campus da Auga

18-07-2017 13:55:28
Visita as obras do edificio do Campus da Auga.

Ourense.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Salustiano Mato, e do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, visitou hoxe as obras que se están executando no novo edificio do Campus da Auga de Ourense, ao que definiu como “o motor científico da cidade”. Tal e como lembrou o titular do departamento educativo, trátase dunha actuación na que se investiron 4,4 millóns de euros e, tendo en conta o bo ritmo das obras, a previsión pasa por rematalas en novembro do 2017. Trala súa finalización, procederase á dotación de mobiliario tanto de oficina como de laboratorio, polo que se prevé que o edificio poida estar plenamente funcional xa no primeiro semestre de 2018.Pero ademais desta obra, o conselleiro resaltou o forte compromiso do seu departamento co Campus de Ourense, tanto desde o punto de vista de dotación de infraestruturas como de mellora das súas unidades de investigación máis excelentes. Deste xeito, avanzou a próxima sinatura dun convenio de colaboración coa UVigo para o impulso eficiente das estruturas de investigación, dotado con 3,6 millóns de euros para distintas accións vinculadas coa oferta educativa neste campus.En definitiva, e entre o novo edificio e este vindeiro convenio, as achegas da Consellería de Educación para impulsar o Campus da Auga ascende a 8 millóns de euros.Especialización intelixente en torno á augaTrala súa visita á obra, o conselleiro subliñou a importancia do desenvolvemento deste campus de especialización, cuxo corazón estará no novo edificio, que está chamado a ser –nas súas palabras– “o centro de referencia na investigación da auga dentro de Galicia”. Segundo salientou, o Campus de Ourense soubo ver as potencialidades da súa cidade en torno á auga para intentar convertelas en progreso social e económico, pivotando a investigación e a oferta académica sobre este recurso natural. “Trátase, en definitiva, dunha especialización intelixente, posto que responde á realidade socio-produtiva local”, remarcou.Cómpre recordar que o Campus da Auga foi o primeiro en emprender a liña de especialización fóra dos campus centrais do SUG, servindo así de referencia para as actuais iniciativas en marcha, como son o Campus Terra en Lugo ou o Campus Industrial en Ferrol.Seis áreas de especializaciónO novo edificio será destinado, primordialmente, a usos de investigación, se ben tamén albergará a sede institucional do Campus da Auga. O proxecto susténtase en cinco liñas de orientación estratéxica: educación, investigación, transferencia de tecnoloxía e coñecemento, internacionalización e financiamento sostible. Estas liñas estrutúranse en seis áreas de especialización, que son a alimentación, a xestión do recurso da auga, a innovación social e educativa, o medio, as tecnoloxías da información e a comunicación, así como o turismo e o patrimonio cultural.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias