El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

A Xunta destina 400.000 euros a clubs e entidades deportivas na cidade da Coruña

21-07-2017 08:25:03

A Coruña.- A Secretaría Xeral para o Deporte destina máis de 287.000 euros a axudas directas a clubs e entidades deportivas da comarca da Coruña. As 120 agrupacións con sede na cidade suman máis de 186.000 euros. En total, na área coruñesa apóiase a actividade de 208 seccións de diferentes clubs e agrupacións. No total da provincia, 600 organizacións deportivas coruñesas pertencentes ás máis variadas disciplinas recibirán estas axudas, que destinan máis de 2,74 millóns de euros en este concepto para toda Galicia, 760.000 correspondentes á provincia.

Esta liña de axudas complétase con outros 214.000 euros que se reparten as trece entidades da cidade que se benefician dos convenios do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia da Fundación Deporte Galego. Na provincia a cantidade elévase ata os 477.000 euros. Todos os equipos patrocinados nesta liña teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades nas que a competición de máximo nivel se desenvolve na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría clasificación por equipos. No conxunto de Galicia, a Fundación inviste 2,4 millóns de euros, dos que 726.000 corresponden ao patrocinio de Abanca. Desta liña de apoio benefícianse 166 equipos: 91 masculinos, 69 femininos e seis mixtos.

O obxecto destas achegas, tanto as dos clubs como o Plan de patrocinio, é a de apoiar as actividades e a participación dos clubs en ligas ou campionatos oficiais de ámbito galego, estatal ou internacional, así como tamén ás entidades que contribúen de forma importante ao desenvolvemento e á promoción do deporte e, en particular, do deporte de base e do feminino. O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, deu a coñecer estes datos no transcurso dunha visita realizada esta mañá ao Campus de Tecnificación que estes días está a desenvolver o Club Básquet Coruña, unha das entidades deportivas máis destacadas polo seu número de licenzas, pola súa actividade deportiva, pola relevancia do equipo da LEB ouro e pola multitude de eventos solidarios que realiza.

O CBC conta con preto de 500 licenzas deportivas, cun crecemento dun 70% en licenzas femininas respecto da tempada anterior. Teñen máis de 270 nenos e nenas nas escolas do club propias ou vinculadas a centros escolares o que fan un total de 750 escolares baixo a súa tutela. O equipo filial vén de ascender á liga EBA con dez xogadores formados integramente nas categorías basee do club. No verán realizan dúas actividades de campus: o campus Milenium, que contou con 228 participantes, e o Campus de Tecnificación, onde 20 deportistas melloran aspectos técnicos, tácticos e físicos con contrastados adestradores de nivel nacional.

Ovidio Rodeiro explicou que “se trata de contribuír a universalizar a práctica deportiva, que ten un papel transcendental na sociedade para a mellora da calidade de vida dos cidadáns”. Todas estas entidades deben conxugar o seu traballo de forma complementaria para consolidar todos os itinerarios do deporte, desde a formación base, pasando pola competición, ata o alto rendemento deportivo. “Todo isto no seu conxunto cumpre unha importante tarefa na formación educativa dos mozos e mozas nas respectivas disciplinas onde desenvolven a súa actividade”, apuntou o delegado territorial. Ver cuadro





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias