El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

NO QUE VAI DE ANO

As exportacións galegas seguen marcando novos récords cun incremento do 10,7%

21-07-2017 14:24:58

As exportacións galegas continúan marcando novos récords, rexistrando un incremento do 10,7% de xaneiro a maio con respecto ao mesmo período do ano anterior, sendo estes os cinco primeiros meses do ano con maiores vendas ao exterior de todo o rexistro histórico.

Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, a Comunidade logra así a terceira mellor balanza comercial de España en termos absolutos, sumando 1.750,7 millóns de euros no que vai de ano.

Neste período destacan os incrementos da industria conserveira, que sobe un 20,2%; da pesca, cun aumento das exportacións do 19,8%; da industria metalúrxica, cun 19,1%. Rexistran tamén importantes subas outros sectores estratéxicos como o téxtil, cun incremento do 10,4%, ou o sector naval, que logrou exportar 292 millóns de euros.

Cómpre tamén salientar o aumento das vendas a destinos como América Latina, cun 74,3%; Marrocos, cun incremento do 24,4%, ou Asia, cunha suba do 3,7%, ademais de países da UE como Bélxica (27,3%), Italia (11,4%) ou Alemaña (6,2%).

Galicia está a vivir o seu mellor ciclo exportador, logrando que os últimos catro anos sexan os de maiores vendas ao exterior da historia da comunidade. Isto é posible grazas ao esforzo das empresas galegas, que contan co respaldo da Xunta a través da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias