El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

23 DÍAS ANTES QUE A MEDIA

Galicia mantense entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores

24-07-2017 19:31:18

Galicia mantense entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, cun período medio de pagamento 23 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos referentes ao mes de maio que acaba de publicar o Ministerio de Facenda e Función Pública. O período medio de pago de Galicia situouse en maio en 0,88 días, mentres que a media autonómica foi de 23,71 días, é dicir, 23 días máis tarde que en Galicia. Os datos oficiais ratifican un mes máis que Galicia está entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Xunta de Galicia.
Galicia continúa a cumprir os obxectivos do Plan pago 10, impulsado pola Xunta este ano e que ten como obxectivo situar o período medio de pago no entorno dos 10 días. Ademais, o informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 17 días inferior ao mesmo mes do ano pasado, o que evidencia unha importante mellora neste eido. En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en maio baixou ao 0,27%, a máis baixa de todas as comunidades autónomas de réxime común e a metade que a media autonómica (0,53%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador ata os 164,2 millóns de euros no último ano. Ver gráfico





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias