El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Antonio Llamas
Economí­a

EN 2018

A Xunta anuncia a aprobación dun teito de gasto de 9.487 millóns

28-07-2017 17:41:03
Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aprobación do teito de gasto non financeiro para o 2018, que será de 9487 millóns de euros. Esta cifra é un 5,4% superior á de 2017, de tal xeito que a Administración autonómica disporá de 490 millóns de euros máis para levar o crecemento económico a todos os galegos ou, o que é o mesmo, de 261 millóns (2,9%) máis en comparación co orzamento consolidado deste ano, tras a actualización aprobada polo Parlamento autonómico hai unhas semanas.

Durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo explicou que Galicia é a primeira comunidade que aproba o seu teito de gasto para o ano que vén, tras a xuntanza de onte do Consello de Política Fiscal e Financeira, o que constitúe un paso imprescindible de cara á aprobación dos Orzamentos. Nese senso, o titular autonómico lembrou que o noso é o único territorio que ten aseguradas as súas contas para 2018. “O Goberno galego non será unha fonte de incerteza”, destacou Feijóo, grazas á estabilidade política da que goza a Comunidade.

O presidente da Xunta quixo poñer en valor a importancia dunha xestión responsable para poder sacar adiante este teito de gasto e, en consecuencia, aumentar os investimentos e “manter os servizos públicos con máis ambición” de cara ao ano que vén. Non en van, Galicia é a autonomía que menos aumentou a débeda pública desde 2009, o que permitirá que o incremento real da capacidade de gasto sexa aínda maior que o previsto, debido á redución dos gastos financeiros. Grazas a isto, a Comunidade xa recuperou a metade da capacidade de investimento que perdera durante a crise e dispón de 1000 millóns de euros máis que hai catro anos.


Novas previsións de crecemento

O titular do Goberno galego tamén anunciou unha nova revisión á alza das previsións de crecemento para este ano e o que vén, que se sitúan no 3,1% e no 2,7%, respectivamente, en ambos os casos por riba da media española. Este aumento do PIB vén acompañado dunha intensa recuperación do emprego, tal e como reflicte a última Enquisa de Poboación Activa, segundo a que Galicia leva 13 trimestres consecutivos reducindo o paro e conta xa con 21.400 desempregados menos que hai un ano.

Para o presidente da Xunta, estas cifras, unidas ao aumento da actividade industrial ou aos récords de exportacións, constatan o “crecemento equilibrado” da economía galega, no que participan todos os sectores co impulso da Administración. Pero isto non sería posible se Galicia non tivese un Goberno “previsible e previsor”, que responde á “responsabilidade” e á “estabilidade” que demandan os galegos, concluíu.

Pola súa parte, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou que o teito de gasto para 2018 aprobado hoxe é rigoroso, ao tempo que vai na liña da folla de ruta marcada no Plan estratéxico de Galicia 2015-2020. Este límite de gasto “reforza a creación de emprego e o investimento, e consolida un modelo de crecemento san que permite a Galicia crecer mellor”, sinalou.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias