El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Medio Rural celebra a baixada do paro no sector agrogandeiro galego

05-08-2017 17:23:09

A Consellería do Medio Rural celebra a baixada do paro no sector agrogandeiro galego, segundo os últimos datos do mes de xullo. Neste senso e con respecto ao mes pasado, na nosa comunidade o paro caeu un 4,11% e no sector da agricultura en particular sufriu unha importante baixada do 10,20%. Isto equivale a 772 parados menos neste sector, o mellor dato dende o 2011 do mesmo mes e a pesar de que neste ámbito o paro a nivel nacional crece en 708 persoas. Ademais, tratase do sétimo mes consecutivo que o número de desempregados segue baixando no sector rural galego.

Se analizamos xullo, Galicia pecha o mes con 13.586 parados menos que hai un ano, é dicir, unha redución do 6,95%. Precisamente desta porcentaxe destaca a caída dun 9,64% no sector agrogandeiro, o que equivale a 678 parados menos que en xullo do pasado ano. A maior caída prodúcese na provincia da Coruña, cun 12,35% menos, ata os 1.846 parados. Pontevedra cae un 10,12% (2.576 parados), Lugo un 7,36% (906 parados) e Ourense un 5,17% (1.028 parados). Respecto ao balance no que vai de ano, en Galicia hai 1.884 parados menos relacionados co campo, o que supón unha caída do 22,86%, cando o descenso xeral na comunidade é dun 14,24%.

Polo tanto, en base a estes datos demóstrase que o mundo rural galego non só ten futuro senón que é un piar básico da nosa economía. “É unha fonte de riqueza en todos os sentidos e seguiremos traballando para que xere emprego e, polo tanto, asente poboación no rural”, afirmou a conselleira Ángeles Vázquez.


Contratos na agricultura

No que se refire aos contratos formalizados no mes de xullo en agricultura, acadouse unha suba do 6,35% respecto ao mesmo mes de 2016, con 192 máis ata alcanzar 3.218 contratos nun mes. Nos sete primeiros meses de 2017, o incremento respecto ao mesmo período de 2016 é dun 10,85%.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias