El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA

A Xunta impulsa con 4,2 millóns de euros melloras nas infraestruturas de 59 parques empresariais

06-08-2017 20:49:21

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios por preto de 4,2 millóns de euros para os concellos galegos, cos cales se desenvolverán 73 proxectos en 59 parques empresariais da Comunidade co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, contribuíndo ademais ao impulso da súa competitividade e á atracción de novos investimentos con capacidade para xerar riqueza e emprego cara aos municipios.

Con esta convocatoria, que prevé axudas do 80% do custo subvencionable e que se incrementan ata un 95% no caso de agrupacións ou fusións de concellos, desenvolveranse actuacións orientadas á mellora das infraestruturas viarias, á dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético, depuración de augas, xestión de residuos e instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia.

Tras a finalización dos traballos teranse realizado a través deste programa, en colaboración cos concellos galegos, 426 proxectos nos parques empresariais desde o 2009, contribuíndo así á calidade do solo industrial galego e mellorando as infraestruturas de apoio ao tecido empresarial da Comunidade.

As axudas que veñen de concederse enmárcanse no Plan de captación de investimentos, dentro do cal se está a tramitar a futura Lei de implantación empresarial. Esta norma busca facilitar o desenvolvemento empresarial de Galicia e a creación de emprego de calidade, impulsando a simplificación administrativa, o acceso ao solo industrial, e a redución da fiscalidade empresarial, ao tempo que se busca dar resposta ás necesidades de diferentes sectores produtivos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias