El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Antonio Llamas
Sociedad

GALICIA

A Xunta distribuirá máis de 600 cortaventos reflectantes entre os afeccionados ao ciclismo

10-08-2017 14:01:33
A conselleira Ethel Vázquez (c).

Boiro.- A Xunta de Galicia distribuirá este ano máis de 600 cortaventos reflectantes entre os afeccionados ao ciclismo coa fin de incrementar a súa seguridade e fomentar condutas responsables e unha convivencia harmónica entre os distintos usuarios das estradas. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, e representantes da Garda Civil de Tráfico, realizou hoxe a entrega destas prendas á Federación Galega de Ciclismo.

Vázquez Mourelle explicou que se están a distribuír estes cortaventos entre os ciclistas, ao tratarse dos usuarios máis vulnerables das estradas, co obxectivo de previr atropelos e incidir na necesidade de que se fagan visibles cando transiten polas estradas. Precisou que o ano pasado, froito da colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Ciclismo, xa se repartiron 1.000 chalecos reflectantes entre os ciclistas.

Esta prenda é a que o propio colectivo considera como a máis axeitada para facilitarlles a práctica do deporte, xa que é de cor amarela fluorescente e ten elementos reflectantes, para facer máis visible ao ciclista, tamén en situacións de menos luz. Na parte traseira leva inscrita a separación lateral obrigatoria de 1,5 metros que deben deixar os vehículos cando rebasen á persoa que circula en bicicleta, así como O lema “Eu fágome ver”.

A titular de Infraestruturas subliñou que o Goberno galego, mediante esta prenda, busca concienciar a todas as partes, tanto aos ciclistas, para que utilicen elementos que incrementen a súa visibilidade ante o resto de usuarios; como aos condutores doutros vehículos, para que respecten as normas de circulación e a distancia mínima nos adiantamentos.

A Xunta continúa traballando en distintas medidas que incrementen a seguridade deste colectivo, tanto ciclistas deportivos como daquelas persoas que empregan a bicicleta para pasear ou nos seus desprazamentos diarios. Así, no marco do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, púxose en marcha o Plan de Sendas de Galicia, que entre a 1ª e a 2ª fase, que están en pleno desenvolvemento, se contempla a execución de 130 novos km de itinerarios peonís e ciclistas para favorecer unha mobilidade segura aos usuarios máis vulnerables das estradas.

O Executivo autonómico tamén iniciou recentemente unha nova canle de colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e coa DXT, na identificación de treitos ciclistas nas estradas da comunidade. En total, téñense identificado 12 tramos, 3 por cada provincia, que suman preto de 700 km. Neste marco, a conselleira precisou que desde a Xunta tense asumido o compromiso de levar a cabo as actuacións necesarias para reforzar seguridade viaria nos treitos de titularidade autonómica, retirando por exemplo, posibles obstáculos das beiravías; ou colocando sinalización e paneis informativos que advirtan de que a estrada é frecuentada por ciclistas.

Ethel Vázquez puxo como exemplo que no caso da estrada AC-305, unha vía moi empregada polos ciclistas, principalmente nas fins de semana e na época estival, cuxo treito A Pobra-Boiro-Rianxo-Padrón foi incluído como unha das rutas do plan de seguridade para ciclistas deseñado pola DXT.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias