El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Antonio Llamas
Sociedad

NESTE 2017

O Servizo Galego de Saúde realizou máis de 109.800 intervencións

12-08-2017 14:58:53

O Servizo Galego de Saúde realizou neste primeiro semestre de 2017 un total de 109.840 intervencións cirúrxicas (92.544 programadas e 17.296 urxentes); o 54% do total destas intervencións foron ambulatorias (58.989 intervencións, fronte a 50.851 que foron con ingreso). En xeral, o Sergas aumentou a actividade global en todas as áreas co obxectivo de incrementar a eficiencia, mantendo o principio de equidade de xestionar por prioridades clínicas.

Nun análise comparativo dos últimos cinco anos, obsérvase un incremento do 6,6% na actividade total cirúrxica. Este aumento é aínda maior en cirurxía ambulatoria, que neste último lustro incrementou nun 16%.

Tamén se observa un incremento na actividade de vías rápidas de cancro, mediante as que os pacientes con sospeita de patoloxía grave son atendidos nun tempo medio de espera inferior a quince días dende a derivación do médico de familia ao especialista do hospital. Neste primeiro semestre de 2017, 8.749 persoas beneficíaronse das vías rápidas implantadas, é dicir, 2.433 pacientes máis que no ano anterior, e tiveron unha espera media de 4,6 días (3,2 días de espera media menos).

As vías rápidas de cancro (de mama, colon, pulmón, próstata, vexiga, cabeza e colo, e melanoma) foron desenvolvéndose progresivamente nas sete estruturas organizativas de xestión integrada (EOXI) do Sergas, nun análise comparativo dende 2012 obsérvase un incremento do 135%.

Pola súa banda, o rendemento cirúrxico acumulado (que é o tempo utilizado de quirófano sobre o total do tempo de quirófano dispoñible) tamén continúa por riba do obxectivo marcado do 75%, e neste período acadou un nivel do 76,4%. No que atinxe ás probas diagnósticas, no primeiro semestre de 2017 realizáronse un total de 1.524.239, sendo a maioría delas as probas de radioloxía convencional, ecografías e TAC.


Área de hospitalización e área de urxencias

No primeiro semestre de 2017, aumentaron os ingresos hospitalarios, pasando de 122.730 en 2016 a 124.242 en 2017. Outra das tendencias observadas é que os hospitais do Sergas son cada vez máis ambulatorios, neste senso aumenta a actividade nos hospitais de día, que neste período realizaron 143.866 sesións, 12.179 sesións máis (10%) que no ano anterior. Tamén aumenta a hospitalización a domicilio, que pasou de 2.994 ingresos entre xaneiro e xuño de 2016, a 3.177 no que va deste ano.

Con respecto das urxencias, o Sergas atendeu 1.257.687, das que 756.576 foron en Atención Primaria e 501.111 en Especializada. Isto supón a realización dunha media de 6.910 urxencias ao día. De cada dez urxencias, seis aténdense en Primaria (o 60,16% fronte ao 39,84% que se atenden nos hospitais).


Incremento do número de consultas

Entre xaneiro e xuño de 2017, o Sergas realizou 16.007.098 de consultas, 345.210 máis que entre xaneiro e xuño de 2016; o que supón unha media de 127.000 consultas ao día.

Realizáronse 2.773.894 consultas hospitalarias, 54.893 foron non presenciais (10.778 máis que no mesmo período do ano anterior, o que supón un incremento do 24,43%). Se avaliamos os datos dos últimos cinco anos, obsérvase un incremento na actividade do 14%.

Pola súa banda, en Atención Primaria realizáronse 13.233.204 consultas; isto é, na actualidade cada día laborable o Sergas atende unha media en primaria de 105.025 consultas ao día. Observando os datos dende 2012, hai un aumento do 8%.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias