El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Sociedad

FESTA DA LAMPREA SECA

Nava Castro salienta o crecente potencial turístico e gastronómico da lamprea

13-08-2017 19:39:15

Arbo (Pontevedra).- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á XII edición da Festa da Lamprea Seca no concello pontevedrés de Arbo, onde salientou o crecente potencial turístico e gastronómico da lamprea, que se materializa, dixo, no éxito de festas como esta ou mesmo con iniciativas turísticas levadas a cabo polo seu departamento como a Ruta da Lamprea ou os trens turísticos de Galicia, que conta cun itinerario específico dedicado a este produto.

A directora de Turismo de Galicia recordou que a Ruta da Lamprea está a consolidarse como unha experiencia turística diferenciadora que permite percorrer uns 16 concellos galegos nas beiras dos ríos Miño, Ulla e Tambre, onde se inclúe tamén o concello de Arbo. E tamén se referiu ao tren turístico da Lamprea, un itinerario que permite coñecer as Pesqueiras do Río Miño, especialmente atractivas pola súa singularidade, tradición e valor histórico e cuxa vindeira saída será o 16 de setembro.


300 festas gastronómicas

Nava Castro visitou, ademais, o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea de Arabo, que promociona e pon en valor este produto que, indicou “nos fai diferentes como destino”, e que se converte nun importante reclamo tamén no eido gastronómico, a segunda razón pola que os visitantes escollen Galicia.

A Festa da Lamprea Seca é unha das máis de 300 festas gastronómicas que se celebran en Galicia durante todo o ano e que conta cunha gran tradición entre os veciños e visitantes. Permite degustar este produto en todas as súas variedades acompañada dos viños da denominación de orixe das Rías Baixas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias