El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

CAMBADOS

A homenaxe de Cápsula a Bowie, novidade da Festa Cidade Europea do Viño

23-08-2017 15:09:32

O vindeiro 9 de setembro terá lugar no Parque Torrado de Cambados a 'FestaCidade Europea do Viño' cun programa desenrolado en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que pretende ser unha alternativa musical diferente á oferta xa existente dos festivais de verán.    

Coa excelencia como mellor aval, as bandas presentadas o pasado venres 4 no marco da Festa do Albariño, caracterízanse pora cumular premios da crítica especializada e por percorrer escenarios de todo o mundo: Belako, Familia Caamagno, Presumido, Ghesgha, Disco Las Palmeras!,Cápsula, Brian Cross, Emilio José e Os Indígenas, Oh Ayatollah, Kings of the Beach e Niña Coyote eta Chico Tornado pasarán pola Capital europea do Viño nunha xornada para toda a familia.   

A música chegará ao Parque Torrado a partires das 12.30 horas e prolongarase ininterrumpidamente ata ben entrada a madrugada da man de Brian Cross, un dos máis internacionais do panorama musical actual. 

Nunha xornada pensada para toda a familia, o festival contará con foodtrucks e servicio de bebidas para aqueles que teñan pensado pasartodo o día no recinto. Os prezos, moi populares varían entre os 10 euros de entrada anticipada (cós gastos engadidos) aos 15 de taquilla e permítese á entrada de menores de 16 anos gratis sempre acompañados por un titor. As entradas anticipadas xa están á venda en ticketea.



BELAKO (Euskadi) 

Favoritos da crítica española, Belako son unha xovencísima banda de Euskadi que con sódous discos xa conseguiu armar un lío considerable. Gañadores de premios como o de Mellor Artista Emerxente dos Premios da Música Independiente, os vascos estreáronse no 2013 con "Eurie" e desde entón, non fixeronmáis que crecer e alimentar as caldeiras do seu rock repleto de ramalazos electrónicos e pinceladas de punk e post-punk. Con 'Hamen' o seu segundo traballo, o cuarteto de Bizcaia, reforza a súa faceta máis experimental e a conexión electrónica.   


FAMILIA CAAMAGNO (Galicia) 

Son cinco amantes do pop e do rock, constituen un dos conxuntos músico-vocais con máis tirón do panorama musical galego e xuntos forman unha gran familia. Concretamente, Familia Caamagno. Trala excelente acollida do predecesorHai que andar cos tempos!, a Familia Caamagno traen osunha nova entrega da súa música refrescante en Para unha vez que saímos, un variado percorrido polos diferentes ritmos musicais que tanto idolatran os nosos protagonistas: desde o rock'n'roll bailongo e acelerado pasando pola oscuridade garaxeraou o power pop.  



PRESUMIDO (Galicia) 

Presumido son unha ponte entre a música electrónica do pasado e do presente. Un proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, cuxa proposta é chegar a eses territorios musicais nos que o pop en castelán na súa vertente electrónica xamáis se metera. Collen o estilo dos clásicos do xénero como Depeche Mode e empápano coas referencias máis contemporáneas como M3 ou Daft Punk, e os artistas electrónicos máis irreverentes como Bjorkou Telefon Tel Aviv. Moitos os definen como Depeche Mode en castelán pasados de rosca.   


DISCO LAS PALMERAS (Galicia) 

Nacida entre Sarria e Santiago de Compostela a súa historia comezacunha maqueta distribuida única e exclusivamente a través de Myspace que chama a atención dos mesmos medios que alabarían a saída do seuprimeiro álbum e os destacarían como unha das bandas máis destacadas do Noise Rock do momento, chegando a ser destacada por TheGuardian como grupo a seguir. Acaban de gravar o que será o seu cuarto álbum en Austin e de tocar no Ruido Fest en Chicago.   


CÁPSULA (Arxentina) 

Guiados pola parella Martin e Coni, en guitarra e baixo,foron comparados pola Rolling Stones con grupos da altura dosTheWho. E eso é porque o seu son mestura a intensidade do garage rock es raíces do rock and roll  co post punk, noise e psicodelia oscura, todo entregado cunha enerxía impactante e visceral. Foi a mellor banda do 2009 no SXSW según o Chicago Tribune e contan con centos de siareiros en Estados Unidos, Sudamérica e Europa. Agoramesmo están a presentar o seu último disco 'Santa Rosa', un álbum cheo de enerxía con toques actuais e futuristas.   


EMILIO JOSÉ E OS INDÍGENAS (Galicia) 

¿Xenioou pirado? Para nós, xenio. Agricultura Livre, o seu segundo traballo de Emilio José é a súa confirmación como artista polivalente. É un inagotable banquete de métodos e estilos, nunha valentísima proposta de sacar á luz un disco triple, de máis de catro horas e íntegramente en galego.   


OH AYATOLLAH (Galicia) 

Din que fan pop e non o expresan en torno a unha concepción estilística nin de vendas. Nalgunha ocasión teñennos definido como nihilismo entusiasta. Catro estudiantes de filosofía e un de xeografíacompoñen Oh Ayatollah, que acaban de estrear 'Cancións por se non te querexa' un primeiro EP de cinco temas propios. Ayatollah Pop á voz principal e o teclado, AyatollahSoares á batería e coros, AyatollahBoy nunha guitarra e AyatollahLalalaleenoutra e Ayatollah Slim aobaixo e coros.     


LMERAS (Galicia) 

Nacida entre Sarria e Santiago de Compostela a súa historia comeza cunha maqueta distribuida única e exclusivamente a través de Myspace que chama a atención dos mesmos medios que alabarían a saída do seu primeiro álbum e os destacarían como unha das bandas máis destacadas do Noise Rock do momento, chegando a ser destacada por The Guardian como grupo a seguir. 


KINGS OF THE BEACH (Galicia) 

Nacen en Vigo no verán do 2013 con Adrián Rodríguez (guitarra e voz) Yago Guirado (baixo e voz) e Samuel Otero (batería) A principios do 2015 publican a súa primeira maqueta, 'Badass', pegado fortena escena galega. Un ano máis tarde, en febreiro do 2016 publican o seu primeiro EP 'Bat Pussy', obtendo repercusión nacional e internacional e causando unha boa impresión en medios como Radio 3 ouMondoSonoro. O seu son pode definirse como salvaxe e rápido como un sopapo na cara. Comparados con Togher Pangea ou os mesmísimos Fidlar, postúlanse como unha das xóvenes promesas galegas moi a ter en contanun futuro próximo.   



NIÑA COYOTE ETA CHICO TORNADO (Euskadi) 

Atopámonos ante o comezo do irremediable éxito da novísima formación da cada vez máis coñecida banda Niña Coyote eta Chico Tornado. Con claros tintes de sons stoner e rock duro UrsulaStrong e Koldo Soret, na batería e baixo non pararon desde o lanzamento do seuprimeiro LP (homónimo) tocando en máis de 70 concertos trala saída do mesmo e tocando en México, Estados Unidos previo paso polo Primavera Soundou o Azkena Rock Festival. Lainoland é o seu segundo traballo, grabado en directo e nun solo día. Fresco e contundente como o seu directo.   


BRIAN CROSS (Cataluña) 

Aos catorce anos, Brian Cross, nacido en Barcelona fai 31 anos, tivo claro que quería ser dj, algo que o seupai, empresario da noite e locutor de radio, non confiaba moito. 16 anos despois, Brian, afillado de Miguel Bosé, percorremáis de 50 paisesao ano para pinchar e dirixe cada domingo en Amnesia a festa 'Pop Star'. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias