El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LUGO | II GALA DO DEPORTE

Deputación e Concello premian o esforzo dos clubs e deportistas de Lourenzá

18-09-2017 17:43:17
Presentado a II Gala do Deporte de Lourenzá.

Lugo.- O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentou hoxe a II Gala do Deporte de Lourenzá, que terá lugar o vindeiro venres 22 de setembro, a partir das 20:00 horas,no Pavillón Municipal do Concellomariñán. No evento premiarase aos mellores equipos e deportistas laurentinos da tempada 2016/2017.   

O organismo provincial colabora co Concello de Lourenzá na organización desta cita cunha achega de 8.000 euros, coa que tamén contribúe á celebración doutros eventos deportivos no municipio como o XXI Día da Bici, a VIII Carreira Val das Fabas 2017, a Marcha Cicloturista ou aMilla Popular Concello de Lourenzá.   

Rivera Capón subliñou que “falar de Lourenzá é, sen dúbida, falar de deporte. Ao longo do ano colaboramos con diferentes iniciativas que promoven a práctica deportiva no municipio, especialmente entre a mocidade, pois sabemos que na base está o futuro do Concello e da provincia. Estagala é un un recoñecemento ao esforzo, á dedicación, ao traballo e á superación que caracteriza aos deportistas do municipio, uns valores dignos de ser encomiados e que dende logo nos enchen de orgullo”.   

Pola súa parte, López García engadiu que “dende o Concello decidimos organizar unha nova edición da Gala do Deporte en Lourenzá como recoñecemento aos méritos deportivos. Así mesmo, comprometémonos a apoiar e fomentar a práctica do deporte entre a veciñanza laurentina, xa que é un dos piares da xuventude de hoxe en día”.   

No transcurso da gala iranse proxectando vídeos sobre os deportistas e clubs galardoados e terá lugar a entrega de premios da man da Alcaldesa e do Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva. O presentador desta segunda edición da gala será o xornalista mariñán Anxo Rivas Pardeiro. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias