El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

CALIDADE TURÍSTICA 2016

Galicia, a única comunidade que leva 14 anos consecutivos sumando certificacións Q de calidade

19-09-2017 19:42:40
Núñez Feijóo.

A Coruña.- O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a procura constante da calidade e a excelencia fan que Galicia sexa a única comunidade autónoma que leva 14 anos consecutivos sumando certificacións Q de Calidade. Un distintivo que, segundo aseverou, para obtelo é necesario ser autocrítico, ter vocación de mellora, perfeccionarse de xeito constante e, sobre todo, mimar cada un dos detalles que importan na atención aos visitantes.

Durante o acto de recoñecemento Q de Calidade Turística 2016 de Turismo de Galicia, subliñou que esta filosofía é clave para explicar que nunha década Galicia triplicase o seu número de distincións pasando das 104 en 2006 ás 281 actuais.

Observando a distribución das Q por sectores, Feijóo destacou que o crecemento da Comunidade se asenta nunha importante especialización nos eidos en que é líder: no eido náutico-deportivo, onde máis do 60% das distincións para instalacións deste tipo están en Galicia; no turismo rural, con case a metade dos establecementos con Q de Calidade; e no termalismo, onde a provincia de Ourense é a segunda maior potencia termal de Europa. Así mesmo, salientou que Galicia é líder en turismo activo, que engloba actividades como senderismo ou escalada, e nunha modalidade emerxente como é o turismo industrial.

Ao longo da súa intervención o presidente da Xunta afirmou que estas cinco modalidades turísticas se desenvolven en consonancia co turismo tranquilo polo que está a apostar o sector, a través da Estratexia de turismo de Galicia 2020. Unha folla de ruta que busca tres valores: “a sustentabilidade e a calidade do que facemos e a tranquilidade do que ofrecemos”, abundou.

Nesta mesma liña, Feijóo salientou que o ano pasado, Galicia bateu un triplo récord turístico: récord de peregrinos, máis que durante o Xacobeo 2010; récord de turistas internacionais, o 28% dos visitantes viñeron desde fóra de España; e récord de viaxeiros totais, con case 5 millóns de turistas.

A falta dos datos oficiais de agosto, o presidente da Xunta resaltou que as cifras proban que: veñen máis turistas, un 3% máis que o ano pasado; e os que veñen quedan máis noites en Galicia, pois as pernoitas medraron case un 6%; veñen máis turistas internacionais, un 6,4% máis; e chegan máis peregrinos que en calquera Ano Santo. “Acreditan, en definitiva, un sector maduro que sabe o que quere e que valora a calidade como unha distinción de lugar e de oferta”, concluíu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias