El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

OURENSE

O Festival Internacional de Teatro de Ourense celebra una nova edición

27-09-2017 14:06:55

Ourense.- O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) desvelou hoxe o programa da súa décima edición, que do 5 ao 15 de outubro presentará en varios espazos da cidade as propostas de 13 compañías procedentes de diferentes puntos de España, Arxentina e Portugal, ademais das mesas redondas, cursos e espectáculos do III Encontro Mulleres Creando. Organizado por Sarabela Teatro, o FITO volve contar este ano co apoio económico da Xunta a través das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a festivais profesionais de artes escénicas e de música.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou nesta presentación, onde explicou que o FITO é unha das 20 citas subvencionadas en 2017 mediante esta convocatoria, da que resultaron adxudicatarias outras oito mostras escénicas.

Xunto con el, interviñeron neste acto os representantes do resto das entidades patrocinadoras e colaboradoras da cita ourensá: o alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez Abad; o vicepresidente da Deputación Provincial, Rosendo Fernández; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, e o vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Virxilio Rodríguez, ademais da directora do festival, Sabela Gago.


Estreas

Sutil incidiu na calidade dos espectáculos en cartel, entre os que figura a estrea de Cranio privilexiados, da compañía galega Mofa e Befa, e as presentacións por primeira vez en España das montaxes Mirá! Miró! Mirando!, da portuguesa Arteimaxen, e Ninguna mujer nace puta, da arxentina Sonia Sánchez, esta última dentro das actividades que Mulleres Creando desenvolverá do 13 ao 15 de outubro.

Referiuse especificamente á presenza nesta oferta internacional doutros destacados nomes da escena galega, como Matarile, AveLina Pérez, Contraproducións e Voadora, como parte da carteleira de exhibición; e Aldaolado e Mónica de Nut, no marco de Mulleres Creando. Xunto ás devanditas compañías, actuarán en Ourense Pepa Plana (Cataluña), El Rayo Misterioso (Arxentina), Tiritirantes (Castela e León), Yllana (Madrid), Chápito (Portugal), Teatro del Noctámbulo (Estremadura) e Inconstantes (Madrid).Ademais, o director da Agadic fixo fincapé na celebración, por terceiro ano consecutivo, do encontro Mulleres Creando, dedicado a analizar o papel feminino no teatro, a cultura e a sociedade. Desta volta, ofreceralle ao público unha reflexión sobre xénero e cultura en diferentes ámbitos a través da ollada das 37 mulleres que participarán na súas seis mesas redondas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias