El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

A Xunta destina preto de 274.000 euros para que o Concello contrate 40 persoas perceptoras da Risga

27-09-2017 20:19:53

A  Coruña.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia na cidade a contratación de 40 perceptores da Risga (Renda de Integración Social de Galicia) que ao longo dos vindeiros se encargarán de reforzar diversas tarefas de interese e utilidade social. Na provincia asinaranse 265 contratos a outros tantos perceptores da Risga, grazas a un investimento de preto de 2,26 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta na cidade da Coruña, Ovidio Rodeiro, deu a coñecer hoxe o programa, que propiciará que o Concello da Coruña teña acceso á incorporación de 40 persoas, entre subalternos, peóns de obras e auxiliares administrativos. O investimento previsto na cidade é de preto de 274.000 euros, que servirán para financiar a totalidade dos custos salariais destas persoas, incluída a cotización á Seguridade Social. Na actualidade, na Coruña reciben a Risga máis de 1.200 persoas, o que supón un investimento anual de máis de seis millóns de euros.

Na comarca da Coruña, beneficiaranse, ademais, desta liña de axudas 13 persoas do Concello de Arteixo, dez persoas en Culleredo, cinco en Cambre, cinco en Oleiros, cinco en Sada, dúas en Betanzos e unha en Abegondo. O investimento en toda a comarca ascende a 623.000 euros e beneficia a 81 persoas que pasarán de percibir a Risga a obter un salario polo traballo satisfeito. O delegado territorial aclarou que “todos os concellos que solicitaron a súa inclusión neste programa reciben o apoio da Xunta”.

Ovidio Rodeiro sinalou que “a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar a súa cronificación nunha situación de exclusión”. “É unha magnífica oportunidade tanto no ámbito social como no relativo á oportunidade laboral que representa”, engadiu. Os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles perceptores da Risga que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Entre eles, terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou dispoñan de máis de 45 anos.

As condicións do contrato serán as establecidas no convenio laboral correspondente ao posto de traballo que desempeñan. Ovidio Rodeiro sinalou que “esta medida ten como obxectivo conseguir a inserción laboral e a mellora da empregabilidade dos colectivos máis vulnerables, partindo da premisa de que a mellor política social é o emprego”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias