El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | EU

Eva Solla: “A situación actual das pensións en Galicia é totalmente insostible"

02-10-2017 16:12:42

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, participou hoxe na marcha convocada por CC.OO. e UGT a prol de pensións dignas. “A situación actual das pensións en Galicia é totalmente insostible: a nosa comunidade ten a pensión media máis baixa do Estado. O mesmo goberno inzado de corrupción mantén a maior parte das pensións por debaixo do salario mínimo interprofesional (SMI)”, explica Solla, que lembrou que as persoas maiores están a perder poder adquisitivo día a día e, en moitos casos, comezan a situarse no limiar da pobreza.

“As nosas persoas maiores non poden, despois de toda unha vida de traballo, estar a cobrar unhas pensións de miseria, algo que xa ocorre cun 40% das pensionistas de Galicia, que están a vivir nunha situación de pobreza o exclusión social”, apuntou.

Por todo isto, dende Esquerda Unida denunciamos os recortes continuos do goberno do PP á vez que defendemos unhas pensións dignas para todas as galegas e galegos que, por riba de teren as pensións máis baixas, catro de cada dez contribuíron a soster as súas familias durante a crise.

Por último, ante este panorama que debuxa un preocupante perfil de pobreza e vulnerabilidade para as persoas que teñen unha pensión, dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación nas manifestacións convocadas polos sindicatos por todo o Estado, que culminarán cunha gran mobilización o vindeiro día 9 de outubro en Madrid. Ver vídeo





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias