El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

A XUNTA

Axudas á adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida

02-10-2017 18:13:52

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro con representantes da asociación Fegataxi, aos que lle avanzou unha ampliación de 200.000 euros no crédito para as axudas á adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida, destinando así este ano un total de 400.000 euros a estas subvencións.

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia do 29 de maio de 2017 a convocatoria para a adquisición de Eurotaxis, cun investimento de 200.000 euros, que posibilita axudas de ata 10.000 euros por vehículo.

Os beneficiarios destas axudas son as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade.

Ata o momento recibíronse un total de 45 solicitudes para estas subvencións, polo que na senda de continuar atendendo esta demanda, o Goberno galego está a tramitar unha ampliación do crédito para as citadas axudas.

Cómpre lembrar que a Xunta destinou en 2016 unha partida de 800.000 euros a axudas para taxis adaptados, o que permitiu atender o 100 % das solicitudes presentadas e debidamente xustificadas.

O Goberno galego está a impulsar a implantación progresiva de vehículos adaptados e accesibles para a prestación do servizo de taxi, xa que ademais de contribuír a incrementar a competitividade do sector e ao fomento do emprego neste colectivo, tamén se lle facilita un pouco a vida ás persoas con mobilidade reducida, avanzando nese grande obxectivo da Xunta que é acadar a inclusión plena das persoas con discapacidade.


Lei do Taxi

Por outra parte, nesta xuntanza a conselleira indicoulles aos representantes de Fegataxi que a Xunta está a avanzar na tramitación do regulamento da Lei de transporte público de persoas en vehículo de turismo de Galicia. Así, concretoulles que o Goberno galego prevé a aprobación deste decreto para os próximos meses.

Actualmente o texto está a ser revisado coa fin de recoller as observacións da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e unha vez finalizada esta adaptación, o documento será remitido á Comisión Galega da Competencia e posteriormente ao Consello da Xunta.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias