El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Galicia continúa entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores

03-10-2017 08:41:13

Galicia continúa entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao pechar o mes de xullo cun tempo medio de pago 20 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Facenda e Función Pública.

O período medio de pago de Galicia situouse en xullo en 3,1 días, mentres que a media autonómica foi de 23,2 días, é dicir, 20 días máis tarde que en Galicia. Deste xeito, Galicia consolídase como a cuarta comunidade que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Xunta.

Galicia continúa a cumprir os obxectivos do plan Pago 10, impulsado pola Xunta este ano e que ten como obxectivo situar o período medio de pago no entorno dos dez días. Ademais, o informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 8,6 días inferior ao mesmo mes do ano pasado, o que evidencia unha importante mellora neste eido.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en xullo situouse no 0,37%, moi por debaixo da media autonómica (0,54%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador ata os 225,1 millóns de euros no último ano, un 32% menos. Ver gráfico





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias