El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Tellado: "As empresas que busquen estabilidade política e económica para crear emprego poden escoller Galicia"

13-10-2017 13:31:33
Miguel Tellado.

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, subliñou hoxe que “desde o Partido Popular de Galicia cremos que as empresas que queiran instalarse e crear emprego de calidade en Galicia deben ter unha alfombra vermella para facelo” e aconselloulle ás empresas que busquen estabilidade política e económica que escollan a nosa Comunidade porque “van atopala”. 

En comparación coa situación de Cataluña, Tellado apuntou que aquí temos a sorte de ter un Goberno consolidado, que non está secuestrado polos delirios de ningunha minoría radical; que non vai embarcarse en ningunha aventura independentista que nos reste seguridade xurídica e que desde a Xunta non se vai fomentar que as empresas instaladas en Galicia marchen do noso territorio. 

Neste sentido, o número dous dos populares galegos quixo lembrar todas as medidas que se están a poñer en marcha para captar investimentos e e empresas. Así, destacou que a vindeira semana se aprobará no Parlamento Galego unha Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresarias que aposta pola industrialización, pola atracción de novas empresas no noso rural e polo desenvolvemento dos nosos polígonos e da que agarda que o Partido Socialista se posicione a favor xa que foron amplamente incluídas as súas achegas.      

Do mesmo xeito, saudou o feito de que en Galicia se acabe de crear a figura dos Concellos Doing Business para incentivar a rebaixa de ata o 95% dos impostos municipais para as novas empresas; ou as medidas de apoio aos autónomos aprobadas no Consello da Xunta do pasado mércores, destinadas a duplicar as axudas á conciliación daqueles que queiran ser pais. 

Sobre este tema, concluíu que “fronte a aqueles que din non a todo, que queren rachar con todo e acabar coas nosas institucións, en Galicia volvemos dicir si ao crecemento, ao emprego, á actividade económica, á estabilidade institucional e ao cumprimento da Lei”.

Actos violentos en Vigo

O secretario xeral comezou a súa intervención expresando “a nosa máis rotunda condena” aos actos violentos contra a sede do Partido Popular de Vigo, reivindicados hoxe mesmo nas redes sociais polo colectivo nacionalista BRIGA. Así, expresou que “desde o Partido Popular de Galicia rexeitamos todo acto de violencia contra políticos e cidadáns só por pensar diferente” e engadiu que “igual que temos condenado en numerosas ocasións actos deste tipo contra os nosos rivais, gustaríanos que eles tamén se pronunciasen en casos coma este”.   

Deste xeito, Tellado pediulle expresamente a Ana Pontón e a Luís Villares que se manifesten acerca desta cuestión, xa que no último Debate do Estado da Autonomía os seus grupos votaron en contra dunha Proposta de Resolución dos populares na que se condenaban os actos violentos contra os rivais políticos   

“Unha vez máis, vemos que o nacionalismo galego volve copiar todo o peor do independentismo catalán,  incluída a intimidación daqueles que só queremos defender a Lei e o noso marco constitucional”, resumiu.    

www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias