El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Caballero amosou "cautela e máximo respecto" co "momento crítico"

16-10-2017 20:09:14
Gonzalo Caballero (c).

O secretario xeral electo do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, trasladou o “apoio e solidariedade” dos socialistas galegos ás familias dos catro falecidos polos incendios desta fin de semana e aos servizos de loita contra o lume. Así o dixo logo dun encontro co portavoz e o responsable de Medio Rural do Grupo Parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga e José Antonio Quiroga, e representantes políticos e orgánicos das catro provincias e dos concellos afectados.

Caballero amosou “cautela e máximo respecto” co “momento crítico” no que “é tempo de apoiar no traballo intenso para sofocar os incendios” que segaron as vidas de catro persoas, ademais de danar os montes e as propiedades de milleiros de persoas. Emprazou ao remate das labores de extinción para “analizar polo miúdo” a “incompetencia e imprevisión” que percibe a cidadanía galega.

O líder socialista rexeitou unha “oposición destrutiva” pero advertiu da urxencia de “analizar por que a política forestal e de prevención do lume do Goberno do PP ten fracasado”, deixando na cidadanía unha “imaxe de improvisación e imprevisión que corrixir”. Puntualizou que “non é tempo de pedir responsabilidades, é tempo de traballar intensamente, para despois facer balance da situación”.


Mirar para o ceo

Sinalou que “o fracaso das políticas públicas –de prevención do lume- amósase cando a cidadanía ten que mirar para o ceo para ver se a chuvia da solución a aquelo que as autoridades públicas non son capaces de resolver”. Incidiu no “sentimento de soidade dos galegos e das galegas, dos concelleiros e alcaldes, que se viron solos na loita contra o lume” que debullou unha “páxina negra na historia do noso país”.

O secretario xeral electo reclamou a comparecencia do presidente da Xunta “canto antes, mañá mesmo en sede parlamentaria” para “informar do que está ocorrendo no conxunto do país”. Lembrou que o PSOE ten solicitado tamén a comparecencia da ministra de Medio Ambiente no Congreso por este mesmo asunto, e sinalou a visita do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, mañá a Galicia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias