El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA | HOXE

Comeza a primeira fase do Plan de acceso dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña

04-11-2017 12:39:53

A Xunta de Galicia pon en funcionamento este luns 6, a primeira fase do Plan de acceso dos autobuses interurbano ao centro da Coruña. Nestes día a Consellería de Infraestruturas e Vivenda repartiu os novos horarios das liñas que entran en servizo. Os Concellos beneficiados por este novo modelo son A Coruña, Cambre, Oleiros, Sada e Culleredo.

Durante esta semana, repartíronse dípticos cos novos horarios, tanto nos propios autobuses das compañías que van facer este servizo, como na propia estación de autobuses da Coruña, ademais as horas pódense consultar na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e no seguinte enlace http://tmg.xunta.gal/.

A partir do vindeiro 6 de novembro, un total de 12 liñas de autobús dos corredores leste e centro comezarán a facer paradas no centro da cidade, na posta en marcha da primeira fase do plan. Os usuarios poderán baixar e subir no autobús directamente nas paradas de Entrexardíns e Praza de Ourense, adecuadas pola Xunta de Galicia, o que suporá unha importante mellora da súa mobilidade con respecto á situación actual, en que só poden subir e baixar do transporte público interurbano na estación, situada en Catro Camiños.

Estímase que un total de 1,5 millóns de pasaxeiros ao ano empregan estas liñas incluídas na primeira fase do Plan de acceso do transporte interurbano. Nas vindeiras semanas avaliarase o funcionamento do Plan e establecerase o calendario para completalo co resto de liñas. 

Con esta iniciativa a Consellería de Infraestruturas e Vivenda pretende responder a unha demanda dos veciños da comarca, incentivando ao mesmo tempo o fomento do uso do transporte público, para reducir a contaminación e contribuír á fluidez de tráfico. Ver gráfico





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias