El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

ECONOMÍA

Román Rodríguez eloxia o carácter emprendedor e innovador da comarca de Deza

11-11-2017 16:45:58

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, eloxiou esta mañá o carácter emprendedor e innovador dos dezaos e dezás, “que transmitiron xeración tras xeración a cultura do esforzo e da responsabilidade, e construíron empresas que desde hai décadas son garantía de compromiso e fiabilidade”, destacou con motivo da IV Xuntanza empresarial organizada pola Asociación de Empresarios do Deza (AED).

Neste contexto, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo agradecer o traballo do presidente da AED, Antonio Lamas, por realizar estes encontros, e felicitou á dita asociación por ter cumprido 25 anos como “polo tractor de excelencia, esforzo e compromiso”, manifestou.

Así mesmo, e como vén sendo habitual, durante a xuntanza tamén se entregaron os III Premios AEDeza. Os nove galardoados nesta ocasión foron Lácteos Farelo (co Premio especial Concello de Agolada), Embutidos Lalinense (Premio ao fomento do galego na empresa), Arlit Diseño e Impresión (Premio ao emprendemento), Profeplás (Premio á innovación), La Veneciana (Premio á internacionalización), Fogar de Breogán (Premio sectorial da hostalaría), Fotografía Bernabé (Premio sectorial do comercio), María Soto García pola panadaría Manolo da Morena (Premio aos autónomos), e Hitraf (premio especial AEDeza). Tal e como lembrou Román Rodríguez, trátase de nove empresas de primeiro nivel que son un referente non só na nosa comarca, senón en toda Galicia.

Ademais do presidente da AED, na xuntanza tamén participaron o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros; o alcalde de Agolada, Ramiro Varela; e o deputado provincial Carlos López Font. Ao encontro tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias