El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

NOIA

As obras de mellora da estación de autobuses estarán rematadas este ano

14-11-2017 20:32:39

Noia (A Coruña).- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Noia, Santiago Freire, supervisou hoxe a marcha dos traballos de conservación e mellora na estación de autobuses desta vila, cun investimento de 180.000 euros e cuxo remate se prevé neste mesmo ano.

Vázquez Mourelle explicou que estas obras, que comezaron en outubro, consisten na reparación da cuberta, no acondicionamento da fachada e na renovación e substitución de distintos elementos da estación, co obxectivo de dotar aos veciños e a todos os usuarios do transporte público dunhas instalacións máis eficientes e máis cómodas. Concretamente, os traballos están dirixidos a mellorar a impermeabilización, o illamento térmico, renovación eléctrica e mellora dos exteriores.

As actuacións nesta terminal, que rexistra unhas 30.000 expedicións e uns 200.000 viaxeiros ao ano, están enmarcadas no Plan renove de estacións de autobuses que vén desenvolvendo a Xunta para mellorar o servizo aos viaxeiros e contribuír ao fomento do transporte público.

A conselleira subliñou a aposta do Executivo autonómico pola promoción do transporte público, traballando tanto na mellora dos equipamentos como dos servizos co obxectivo de dar resposta ás demandas de mobilidade dos galegos. Así se puxo de manifesto coa 1ª fase do Plan de Transporte Público de Galicia, que entrou en funcionamento o pasado mes de agosto para garantir o transporte logo de que certas empresas renunciaran a seguir coa prestación do servizo.

No caso concreto do concello de Noia e de Lousame, a 1ª fase do Plan abrangueu un total de 6 liñas e en 3 delas implantouse a modalidade de transporte escolar compartido, o que significa que os veciños poden aproveitar os asentos baleiros dos autobuses escolares, dispoñendo de máis paradas para coller o autobús e tamén máis cerca das súas casas.

A titular de Infraestruturas destacou que a Xunta traballa por dotar aos veciños de Noia de mellores equipamentos e tamén de máis e mellores servizos de transporte, máis funcionais e mellor adaptados aos seus desprazamento cotiás.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias