El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

200 NOVOS AFILIADOS

O PPdeG realizará unha entrega de carnés

16-11-2017 20:09:34
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anunciou que a vindeira semana, o sábado 25, o partido celebrará unha entrega de carnés na que reunirá a todos aqueles que nos últimos meses se quixeron unir a esta gran organización, tendo confirmada xa a asistencia duns 180 novos afiliados.   

Tal e como avanzou, neste evento, o presidente Alberto Núñez Feijóo, os presidentes provinciais e outros cargos serán os que realicen a entrega, tendo “a oportunidade de darlle persoalmente, cara a cara, as grazas a todos e cada un dos que queiran participar”. Nese senso, destacou que unha mostra de que o proxecto do PPdeG está máis vivo que nunca é que nos últimos catro meses recibiron 600 novas afiliacións, cun perfil do afiliado variado que comprende todas as idades.   

Nese senso, Tellado remarcou que “desde o Partido Popular de Galicia cremos que esta vai ser unha gran festa para a nosa organización, tanto polas dimensións do acto como pola alegría que nos produce; cremos que somos a única formación que hoxe en Galicia pode permitirse xuntar a varios centos de novos afiliados para celebrar a nosa unidade e a ilusión compartida de sermos parte dun mesmo proxecto político; e  cremos que, mentres sigamos tendo novos afiliados así de ilusionados, seguiremos sendo o Partido que máis se parece a Galicia por moito tempo”.


O partido máis importante de Galicia

Na súa intervención, Tellado sinalou que cando os populares din que son o partido máis importante da Comunidade, non o fan como unha loanza aos seus líderes, aos seus cadros ou aos seus cargos electos nas institucións. “O Partido Popular de Galicia é o máis importante da nosa Comunidade porque así o queren os galegos e galegas, que cada vez que se abren as urnas confían en nós para sermos a forza máis votada”, subliñou.   

Segundo indicou o número dous dos populares galegos, “a verdadeira forza do noso partido reside na cantidade de persoas que optan por nós para que melloremos as institucións e contribuamos a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”. Pola súa parte, engadiu que os populares, “non sabemos, entender a política sen o contacto coa rúa, coa xente, por iso sabemos que a nosa principal fortaleza reside en que en cada recuncho de Galicia hai persoas que están dispostas a enarborar publicamente a bandeira do Partido Popular”.   

“Eses son os nosos afiliados, que día a día contribúen co seu traballo, o seu esforzo e mesmo con recursos propios para facer que a nosa organización siga medrando”, manifestou Tellado, quen recoñeceu que, como secretario xeral, “é un orgullo saber que cada día temos novas solicitudes de afiliación ao noso partido, que chegan a través das nosas sedes locais e provinciais”.   

Por ese motivo, insistiu en que desde a sede autonómica da súa formación consideran que é o momento de facerlle unha homenaxe aos seus afiliados, entregándolles por unhas horas unha parte do protagonismo que consideran que merecen. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias