El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Galicia nomea Embaixador de Honra do Camiño ao Rei Don Xoán Carlos

17-11-2017 19:07:38
Núñez Feijóo, presidente da Xunta.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, anunciou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do recoñecemento como Embaixador de Honra do Camiño de Santiago ao Rei Don Xoán Carlos. Unha figura creada para distinguir o labor das persoas físicas ou xurídicas que contribuíron de xeito especial ao coñecemento e divulgación do Camiño, así como da cultura e dos valores xacobeos.

Ao longo da súa intervención, Feijóo recordou que entre as principais persoas que teñen manifestado o seu compromiso permanente co Camiño sempre estivo e está a Coroa: participando directamente como peregrinos; asistindo aos actos de cada Ano Santo e divulgando as rutas xacobeas en todo o mundo. De feito, a primeira distinción de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago foille entregada ao Rei Don Filipe, salientou.

Finalmente, o titular da Xunta expresou o seu convencemento de que este título, como calquera peregrino, tamén fará na figura de Don Xoán Carlos un camiño de ida e de volta. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias