El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero demanda "políticas activas" en defensa do medio rural

18-11-2017 13:45:54
Gonzalo Caballero, en rueda de prensa.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, acusou hoxe a Feijóo de ter consolidado a “Lexislatura do abandono e do esquecemento do rural”. Caballero encabezou a delegación dos socialistas galegos na mobilización convocada polo sindicato Unións Agrarias en Compostela para a defensa do rural galego.   

O líder dos socialistas galegos acusou ao presidente da Xunta de terse limitado a presentar “anuncios de propaganda” para agochar a súa “inacción e incompetencia” no “desenvolvemento dunha parte do país fundamental para a Galicia do futuro”. As políticas do goberno galego, dixo, “teñen fracasado á hora de establecer solucións para o medio rural”.   

Reivindicou “unha aposta de calado para o futuro do sector primario, para que poida recuperar o dinamismo e a acción económica e social que lle corresponde e que é fundamental para entender a Galicia actual”.   


Incendios   

Gonzalo Caballero sinalou neste sentido que as medidas anunciadas onte polo presidente da Xunta para facer fronte aos incendios forestais supoñen “parches, un plantexamento propagandístico”. Trátase, dixo, de propostas “de aparencia que non afondan no problema e non ofrecen unha solución integral e transversal” ás necesidades dunha política forestal que aborde a prevención de incendios.   

Criticou que presenten agora estas medidas logo de constatar que “non cumpren coa normativa existente” en materia de prevención e ordenación do monte galego con consecuencias tráxicas como as da vaga de lumes do pasado mes de outubro.   

O responsable socialista encabezou a delegación do PSdeG en apoio desta mobilización convocada polo sindicato UU.AA. na que participaron unha ampla representación do Grupo Parlamentario, así como de cargos institucionais e orgánicos dos socialistas galegos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias