El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

VIOLENCIA DE XÉNERO

Galicia acollerá as IX Xornadas Estatais de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero

21-11-2017 13:47:15

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe que a nosa comunidade acollerá por primeira vez as Xornadas Estatais de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero.

Susana López Abella participou hoxe na rolda de prensa onde se presentaron as IX Xornadas Estatais de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero "Abrindo o foco: a violencia de xénero, un problema con rostros", xunto á decana do decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, María Rosa Álvarez Prada e da directora de Responsabilidade Social Corporativa en ABANCA, Tatiana Suárez Cancelo.

As Xornadas terán lugar en Santiago de Compostela o venres 24 de novembro e o sábado 25 de novembro, por primeira vez en Galicia. Nesta edición o que se pretende é abordar o alcance da violencia de xénero que transcende á mulleres, visibilizando aos que moitas veces permanecen invisibles como son os fillos, as fillas, a familia, e facendo especial fincapé na atención aos menores, xa que ademais das mulleres, existen outras vítimas da violencia de xénero, os seus fillos e fillas, convertidos en testemuñas e implicados neste tipo de violencia.

López Abella indicou que a exposición á violencia de xénero ten un gran impacto sobre o desenvolvemento psicolóxico e emocional dos menores. Estes efectos agrávanse cando tamén son vítimas directas de malos tratos. Os menores que sofren violencia de xénero no ámbito familiar, teñen máis probabilidades de repetir e aceptar como adecuados os valores e crenzas dos seus coidadores principais.

Finalmente, a secretaria xeral da Igualdade, lembrou que grazas ao Convenio que todos os anos asina a Xunta co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, durante o ano pasado foron foron atendidos 134 menores; e dende o ano 2009 foron atendidos 934 menores, fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias