SANTIAGO DE COMPOSTELA | O
luns 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, o Ateneo
de Santiago ofrece unha conferencia titulada 'Comportamento social en tempos de crise e pandemia', que será impartida
por José Manuel Sabucedo,
Catedrático de Psicoloxía Social e Premio de Investigación de Galicia..
A
pandemia trouxo consigo innumerables cambios para todos e cada un de nós:
tivemos que adaptarnos a novas medidas que se fixeron imprescindibles para a
contención do virus e, xa que logo, vímonos na obriga de cambiar o noso
comportamento e esquecernos de certos hábitos que formaban parte do no noso día
a día. Así pois, na charla abordarase o análise dos procesos psicosociais e
factores contextuais que favorecen ou dificultan a asunción dos comportamentos
de prevención da Covid, así como algunhas das consecuencias sociais e políticas
que se poden derivar da pandemia.
José Manuel Sabucedo Cameselle é catedrático de
Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo SOSOYPA e membro da asociación
estratéxica CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación (2006) e o Premio
da Real Academia Galega das Ciencias (2020). Foi promotor e primeiro presidente
da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social (SCEPS), e editor
da International Journal of Social Psychology. A súa labor
investigadora céntrase no estudo de procesos psicosociais básicas e na súa
aplicación a diferentes ámbitos aplicados: conduta política e medio ambiente.
Dirixiu 21 Teses de doutoramento, liderou o participado en 19 proxectos de
investigación internacionais, estatais e autonómicos e editou 19 libros, 25
capítulos e máis de 100 artigos en revistas académicas. Departamento de comunicación