A CORUÑA | A
necesidade de adaptación da poboación ao cambio climático é unha realidade de
alcance planetario que debe ser afrontada con urxencia dende unha perspectiva
de próximidade. A Deputación da
Coruña, consciente da importancia do problema, apoia con este enfoque o
proxecto CLIMACO, unha iniciativa pioneira en España para dar a coñecer á
poboación as repercusións reais do quecemento global e adoptar medidas para
previr futuros impactos irreversibles no territorio.
A
Deputación da Coruña, que neste mandato creou unha área específica de
Transición Ecolóxica para impulsar políticas neste eido, sitúase así á vangarda
das administracións públicas na preocupación por este tema, que vén de ser
identificado como unha “emerxencia global” polo 64% dos participantes no recenté
estudo da ONU e a Universidade de Oxford, a maior enquisa realizada sobre o
cambio climático ata o momento, que contou coas respostas de 1,2 millóns de
persoas de 50 países.
Atlas
do Clima na provincia da Coruña
CLIMACO,
proxecto que realiza a Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible
co apoio económico da Deputación a través das liñas de subvencións a proxectos
medioambientais, presenta resultados a escala da provincia da Coruña que se
recollerán e publicarán no primeiro Atlas do Clima e o Cambio Climático na
provincia da Coruña.
O
presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o “carácter
pioneiro” do proxecto, “que porá a disposición da cidadanía dun atlas climático
da provincia, que permitirá a consulta online dos distintos mapas interactivos
que explican a evolución do clima e dos fenómenos climáticos na provincia da
Coruña”.
O
deputado de Transición Ecolóxica, José Ramón Rioboo, destacou que o proxecto
sitúa á institución provincial coruñesa como líder na investigación contra o
cambio climático e lembrou que a Deputación ten abertas as súas liñas de apoio
a proxectos medioambientais e protectoras de animais, cun orzamento de 400.000
euros.
O ano pasado, a Deputación apoio 24
proxectos de entidades medioambientais coruñesas para accións coma un programa
de sensibilización ambiental sobre a importancia das aves urbanas na cidade de
Compostela (Asoc. Adiantium), o programa de redución de uso de plásticos da
Federación Galega de Medio Ambiente, o programa de custodia do territorio da
Fundación Fragas do Mandeo ou programa de conservación da Píllara nas dunas do
Barbanza, da Sociedade Española de Ornitoloxía.
CLIMACO
nos institutos
Outro
dos obxectivos do proxecto é comprometer e senibilizar á mocidade con respecto
ao fenómeno do cambio climático e os seus efectos no territorio, concretamente
no seu entorno máis próximo.
O
proxecto aprobado pola Deputación da Coruña contempla actividades educativas
específicas para o alumnado de 3º e 4º da ESO da provincia. O obxectivo é
facilitar o coñecemento e a sensibilización necesaria entre os mozos e mozas da
provincia e estimular ao persoal docente dos institutos a converterse en
axentes activos para encarar tamén este reto dende o ámbito educativo.
Deste
xeito e para transmitir o verdadeiro alcance do fenómeno do cambio climático
aos mozos e mozas da provincia da Coruña, a Fundación Matrix levará a cabo
neste segundo trimestre do curso 20-21 unha acción divulgativa nos institutos
públicos de ensino secundario que así o soliciten.
O
alumnado dos institutos participantes asistirá de forma telemática a unha
charla divulgativa a cargo do investigador responsable de CLIMACO, Alberto
González. A continuación, profesorado, mozos e mozas de 3º e 4º curso da E.S.O.
poderán tomar parte nun coloquio online en directo con este experto.
Información
e inscricións
A
participación nesta actividade é completamente gratuíta. A Fundación Matrix
mantén aberto o prazo de solicitudes de inscrición, que deben dirixirse ao
buzón educacion@fundacionmatrix.es
para a reserva de solicitudes. As actividades terán lugar en horario lectivo,
dacordo coa disponibilidadedos distintos centros.
Para
garantir a seguridade na situación de máxima alerta pola COVID-19, a Fundación
Matrix desenvolverá todas as actividades de xeito telemático, tratando de
facilitar ao máximo o encadre nas axendas escolares conforme á programación dos
distintos centros.
Compromiso
social e contribución aos ODS
A Fundación Matrix lidera e desenvolve
a investigación do cambio climático en Galicia cun proxecto pioneiro como
CLIMACO, amosando o seu su firme compromiso cos Obxectivos de
DesenvolvementoSostible (ODS) de Nacións Unidas, concretamente o ODS13,
Acción polo Clima e o ODS 3, Saúde e
benestar social, coñecida a vulnerabilidade da poboación humana ao cambio
climático. Departamento de comunicación