El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Deportes

GALICIA | BALONMÁN

Bruno López, reelexido presidente da Federación Galega de Balonmán

25-11-2022 18:24:59
Bruno López Molina (i).

REDACCIÓN | Bruno López Molina foi reelixido presidente da Federación Galega de Balonmán na asemblea xeral celebrada hoxe no salón de actos da Casa do Deporte. Na asemblea tamén foron elixidos varios membros da Comisión Delegada.  

A de Bruno López era a única candidatura presentada, polo que foi reelixido como presidente pola asemblea. Posteriormente, procedeuse a elección dos membros da comisión delegada: Víctor Rivera (xuíces e árbitr@s); Ana Aloso (xogador@s); Anxo Otero no estamento de adestradores e SAR, Xiria, Bueu e Cañiza, no estamento de clubs.  

A reunión finalizou coa intervención do presidente electo, quen comezou agradecendo a todos e todas “estes tres anos e 11 meses que para min foron un máster a nivel persoal e profesional. Quero dar as grazas á xunta directiva, a todos os traballadores e traballadoras da Federación e a todos los clubs, colectivo arbitral, adestradores…, porque foron tres anos moi difíciles os que nos tocaron vivir”. Bruno López destacou que “nos quedan catro anos para seguir crecendo. Temos proxectos importantes que esperamos poder ir presentando pouco a pouco”. E finalizou destacando que “estamos orgullosísimos de representar ao balonmán galego”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias