El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Economí­a

SOGAMA

Repsol e Sogama estudarán posibles sinerxías para optimizar a achega de ambas á economía circular

27-01-2023 11:23:49
Visita de Repsol a Soogama.

CERCEDA | Repsol e Sogama estudarán posibles colaboracións e sinerxías para optimizar a achega de ambas as dúas compañías, a través do seu desempeño ambiental e enerxético, á sostibilidade e á economía circular. Así quedou patente con motivo dunha reunión que representantes de Repsol mantiveron esta mesma mañá en Cerceda coa Dirección da empresa pública de xestión de residuos municipais.  

A comitiva da multinacional enerxética estaba conformada polo Xerente de Desenvolvemento de Negocio de Residuos Urbanos, Industriais e Agroforestais, Ignacio Sánchez Lafuente; a Coordinadora de Transformación na Refinería da Coruña, Susana Benedicto Calpe; e o Xerente de Desenvolvemento de Negocio de Combustibles de Baixas Emisións, David Pérez Gonzalo.  

O presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez Lino, acompañado pola directora xeral da entidade, Mirta Sueiro Costoya, foi o encargado de explicar con detalle a filosofía e labor de Sogama en Galicia, os fitos históricos máis relevantes desde a súa creación, en 1992, a súa infraestrutura industrial (actual e futura), así como o intenso traballo que a empresa vén realizando para propiciar a correcta xestión dos biorresiduos mediante a súa conversión en compost. 

Por delegación da Xunta de Galicia, Sogama asumiu no seu momento a construción e operación de 17 novas instalacións (4 plantas de biorresiduos e 13 plantas de transferencia de apoio) que se poñerán en marcha de forma progresiva este mesmo ano co fin de axudar aos Concellos, que son os que teñen as competencias en materia de residuos, a cumprir coas súas obrigacións legais na recollida separada da materia orgánica a través do quinto contedor, de cor marrón. Con esta rede, a meirande parte dos concellos adheridos a Sogama disporán dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km de distancia. 


Como colofón á reunión, Domínguez compartiu as liñas, aínda básicas e incipientes, do Plan Estratéxico da empresa para o período 2023-2026, destacando, entre outras, a firme aposta pola intelixencia artificial nas súas operacións industriais e a descarbonización dos seus procesos, en plena sintonía coas directrices do Pacto Verde Europeo, cuxo obxectivo último é alcanzar a neutralidade climática de aquí a 2050 e avanzar cara a unha sociedade equitativa e próspera cunha economía moderna e competitiva. 

Antes de concluír o encontro, os representantes de REPSOL efectuaron un percorrido guiado polas instalacións que conforman o Complexo Medioambiental de Sogama, onde puideron ver o circuíto que seguen os residuos para ser convertidos en recursos, ben a través da súa reciclaxe, ben mediante a súa conversión en enerxía eléctrica cando, dadas as súas características, non poden ser reciclados. E todo isto a través dunha operativa automatizada na que se aplican as tecnoloxías máis innovadoras e propias da industria 4.0. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias