Lugo.- A Deputada
de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este luns na
Capela de Santa Maríao MusicAD, a
nova programación musical que ofrece o Goberno Provincial de xeito totalmente gratuíto.
Esta iniciativa en impulso da música folk contempla cinco actuacións musicais na
Capela de Santa María, dende o 3 ata o 24 de marzo.
García
Porto avanzou que participarán nesta programación “Xabier Díaz e as Adufeiras de
Salitre presentando o seu último proxecto; Carme Penín co seu espectáculo
Herdeiras; os lucenses Tango en Xanx3iro; Os d´abaixo que presentan o seu
segundo traballo; e por último Triad con Dónal Lunny ao fronte que actuou con
artistas tan relevantes como Mark Knopfler”.
A
Deputada explicou que “dende o Goberno da Deputación apostamos por este tipo de
actividades coas que achegamos de xeito gratuíto unha programación musical de
primeiro nivel a todos os lucenses, promovendo e difundindo o traballo dos
artistas galegos. Ademais, con este tipo de iniciativas lúdico-culturais dinamizamos
a vida social e cultural na cidade”.
Todos
os concertos terán lugar na Sala de exposicións da Capela de Santa María ás
20:30 horas. As entradas, que son totalmente gratuítas, poderanse recoller na
propia Capela de Santa María. Máis información: www.deputacionlugo.org
ou 982 21 00 66.
Exposición “Frauen” do fotografo Peter Schneider
Paralelamente
na Capela de Santa María haberá unha exposición do fotografo Peter Schneider,
baixo o titulo “Frauen” (Mulleres). Esta
mostra recolle a obra deste autor afincado en Lugo, que xurdiu tratando de
encontrar coa fotografía os sentimentos das mulleres.
Encontro con TRIAD
O día
24 de marzo, na Capela de Santa María, os seguidores do grupo irlandés TRIAD
teñen unha cita cos compoñentes da banda, xa que manterán un encontro cos seus
seguidores. As prazas para este evento son limitadas, a inscrición realizarase
a través do seguinte correo; info.centrad@deputacionlugo.org
Programación
.-
Sábado, 3 de marzo. Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre presentan
Noró, algunhas músicas do Norte, que
pon acento nas músicas que habitan o noroeste peninsular. Dos primeiros sopros
de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade
facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música popular
no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha
incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc. Neste proxecto
participan Javier Álvarez co acordeón diatónico, Gutier Álvarez co violín e a
zanfona, e as Adufeirasde Salitre con percusión e voz.
.-
Xoves, 8 de marzo. O Goberno da Deputación celebra o Día da
Muller co concerto de Carmen Penín co espectáculo Herdeiras. Segundo a propia artista, Herdeiras, é un proxecto quere
contribuír á difusión do papel das mulleres na época da guerra civil e a
posguerra, resaltando o seu valor e resistencia, o seu compromiso e
solidariedade. Quere tamén destacar cómo as mulleres actuais estamos en débeda
con elas, que loitaron por un mundo no que ser muller fose máis doado;
coñecelas axuda a construír a nosa identidade actual, dende o orgullo e o
sentimento de pertenza. Quere facer tamén un chamamento á unidade e á empatía
entre todas as mulleres, independentemente do seu lugar de procedencia. E por
último, pretende chamar a atención de toda persoa demócrata sobre a Memoria
Histórica como vehículo de reconciliación e xustiza.
.-
Sábado, 10 de marzo. Actuación
de Tango en Xan3iro, que está formado por: Marisa Dapereirano acordeón,
Patricia Coucheiro na voz, Xosé Ramón Saborido no clarinete baixo e Bruno
Villamor na zanfona, gaita e requinta. Catro fontes de harmonía que conflúen case
por casualidade no Berce do Miño dan lugar a Tango en Xan3iro, a finais do ano
2015. Unha zanfona, un clarinete baixo e un acordeón con raiolas de gaita e
voz, dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias, e
interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional.
.-
Sábado, 17 de marzo. A banda folk Os d'Abaixo está
formada, entre outros, por músicos de dous dos grandes referentes da música en
Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. Presentan nesta actuación Quixera ser dos paxaros, o seu segundo
disco, composto por temas case todos inéditos, provintes dun grande traballo de
investigación, ao que tamén se adica a banda.Un disco máis intimista onde o
compoñente estético ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como
no deseño gráfico e a fotografía.
.-
Sábado, 24 de marzo. Dónal Lunny, Pádraig Rynnee Sylvain Barou forman
o grupo irlandés Triad. Lunny é membro fundador de bandas como Planxty,
The Bothy Band, Moving Hearts and Coolfin. Lunny, actuou con artista como Mark
Knopfler, estivo á vangarda da evolución da música tradicional irlandesa
durante máis de trinta e cinco anos e participou no renacemento da música
tradicional irlandesa nese período de tempo. Rynne é membro fundador de
Guidewires e está involucrado en moitos proxectos innovadores de nosa era
moderna da música irlandesa, e Barouao que se lle atribúe o axudar música
bretoa a evolucionar coa súa xeración, taménfoi membro fundador de Guidewires.