El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

O transporte de residuos por ferrocarril acadou o 58,5% en novembro

02-01-2019 12:46:35
Transporte por ferrocarril.

Avanzar cara a un modelo de xestión sostible constitúe unha prioridade para Sogama e por iso a empresa veu traballando intensamente nas melloras dos distintos elementos que conforman a súa actividade para lograr a máxima eficiencia en todos eles. 

Así, e de forma paralela ao proceso de ampliación do seu complexo medioambiental de Cerceda, que permitirá incrementar notablemente a reciclaxe e reducir o vertido a mínimos, a entidade afanouse en levar a cabo unha tarefa que consideraba crucial en Galicia: intensificar o transporte de residuos por ferrocarril por ser este un medio máis eficiente e respectuoso co medio ambiente. Tanto é así, que superou as súas previsións para 2018, toda vez que o traslado de refugallos a través deste medio alcanzou xa o 58,5% en novembro, cando prevía chegar ao 55% a finais do pasado exercicio. 

En pouco máis de 2 anos, e grazas ao novo contrato de transporte combinado adxudicado en marzo de 2016 á UTE Renfe-Copasa-Logirail, o tren impúxose como medio preferente, pasando dun 25% inicial a un 58,5%, o que supón un incremento do 134%. 

Este logro é especialmente significativo nunha comunidade como a galega, cun elevado número de núcleos rurais e onde a alta dispersión da poboación constitúe a tónica habitual. 

Mentres que un camión pode desprazar un contedor de lixo de 40-43 metros cúbicos (20 toneladas), o ferrocarril logra desprazar ao redor de 30 contedores nunha soa viaxe, coas vantaxes ambientais e sociais que isto supón: menor sinistralidade, menores emisións de CO2 á atmosfera, maior sincronización dos horarios e menores molestias cidadás. 

Neste escenario, a previsión é que, durante o próximo decenio, a compañía transporte por tren 3.750.000 toneladas de lixo, aforrando cada ano a emisión de 2.230 toneladas de CO2 e preto de 800.000 litros de gasoil. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias