El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

CASO PAZO DE MEIRÁS

Ana Miranda: "A devolución do pazo de Meirás debe ir acompañada da ilegalización da fundación Franco"

09-09-2020 12:49:00
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, defende que a devolución do pazo de Meirás, recollida na sentenza do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 da Coruña, debe ir acompañada ineludiblemente da ilegalización da fundación Franco e ser incluída na nova Lei de Memoria Histórica. Miranda subliña que o Estado español debe dar cumprimento á Resolución contra o avance do fascismo en Europa, aprobada na Eurocámara o 25 de outubro de 2018. “Dous anos despois da aprobación desta resolución europea vai sendo hora de ilegalizar esta fundación”, salienta.

Neste sentido, a portavoz do Bloque en Europa explica que o artigo 20 da Resolución –da que Miranda é coautora- urxe aos Estados Membros a prohibir as asociacións e organizacións que fan apoloxía do fascismo e do nazismo. “É inadmisible que siga existindo unha fundación que fai apoloxía da ditadura, é unha anomalía democrática”, subliña Ana Miranda, quen lembra que precisamente a fundación Franco xestionou a visita realizada ao pazo de Meirás por parte dunha delegación de eurodeputados en maio de 2018. 

Ademais, o BNG denuncia a “vergoñenta existencia de outras fundacións de carácter franquista”, como son a Fundación José Antonio Primo de Rivera, a Fundación Pro Infancia Queipo de Llano, a Fundación Blas Piñar, a Fundación Hijas de Millán Astray, a Fundación Ramiro Ledesma Ramos, a Fundación Serrano Suñer e a Fundación Capitán Cortés. “Estamos diante dunha anomalía democrática que só existe no Estado español que cómpre corrixir”, insta Miranda. 


Máis de 40 anos de reclamacións  

"O Pazo de Meirás é do Pobo”. Por fin este lema está máis perto de ser unha realidade, pero aínda queda moito traballo que facer na recuperación da memoria histórica, no fin da impunidade franquista e na devolución dos bens incautados durante a ditadura, como a devolución da Casa Cornide”, destaca Ana Miranda.

Neste sentido, lembra que xa son máis de 40 anos de reclamacións, de investigacións e de loita continuada na rúa e nas institucións, e recoñece o traballo do BNG tanto desde a Deputación da Coruña como no Parlamento Galego, no Congreso e no Parlamento Europeo. Así, a portavoz do BNG en Europa recoñece o traballo incansable dos investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez, da exvicepresidenta da Deputación da Coruña Goretti Sanmartín, dos 19 de Meirás e o traballo social en prol da memoria histórica dos grupos memorialísticos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias