El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | SEGUNDO CIG ENSINO

O 80% do profesorado de infantil e o 60% de primaria non puido secundar a folga

10-09-2020 15:33:15
Concentracións, en Lugo

O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, amosou a súa indignación hoxe na concentración de Compostela coa actitude de boicot da Consellaría e volveu incidir na discriminación entre as distintas etapas educativas e no paso atrás anunciado onte por Román Rodríguez de autorizar a semipresencialidade ou a colocación de mamparas nas aulas de secundaria, bacharelato e FP para non contratar máis reforzos.

“A Consellaría de Educación intentou vulnerar o dereito a folga do profesorado e do persoal non docente cuns servizos mínimos inauditos no ensino público e que foron refrendados nun auto do alto tribunal galego redactado por alguén que se expresa nos mesmos termos que un tertuliano da caverna mediática pero fronte a esta estratexia está a dignidade docente”. Así se expresaba Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, esta mañá na concentración en Compostela despois de constatar centro a centro como boa parte do profesorado que quería secundar a folga non puido facelo, en concreto, segundo datos do sindicato maioritario no ensino público galego un 80% das mestras de infantil e arredor dun 60% de primaria.

A Consellaría quixo dar sensación de normalidade neste inicio de curso pero tanto os equipos directivos como o persoal docente levan dúas semanas intentando adaptar a contrarreloxo un protocolo infame que ademais xenera grandes diferenzas entre as distintas etapas educativas. Suso Bermello lembrou que desde o 22 de xuño, que foi cando acordaron co Ministerio un documento común no que se establecían ratios máximas de 15 alumnas en infantil e de 20 no resto de etapas a Consellaría non moveu un dedo por adaptarse a esta circunstancia nin á distancia de metro e medio de seguridade que establecían todas as autoridades sanitarias. “Isto demostra que non houbo vontade política e agora cando din que é tarde tamén minten, porque nunca é tarde para rectificar e mellorar as condicións de seguridade nos centros educativos. É máis, desde onte incluso se dá un paso atrás no que parecía que estaba consolidado, que era autorizar desdobres nas etapas de secundaria, bacharelato e FP, alí onde non se puidera gardar a distancia mínima de seguridade”, apuntou.

Tal e como avanzou o propio conselleiro Román Rodríguez no Consello Escolar de Galiza o seu departamento vai elaborar un Plan de continxencia para o ensino semipresencial e a educación a distancia no caso de que non se poida cumprir esa distancia mínima ou que sexa necesario gardar corentena nun grupo. Así mesmo, reduce a distancia a un metro naqueles centros nos que se poidan colocar mamparas entre posto e posto docente. “Isto é un retroceso auténtico con respecto ao que parecía que a Consellaría xa tiña asumido. Con todo é absolutamente rexeitábel que existan centros nos que se autoricen desdobres e outros non por non ter buscado solucións de espazos desde finais de xuño”.

Bermello tamén apuntou que está habendo incidencias nalgún centro como xa temos denunciado froito precisamente da intención da Consellaría de darlle normalidade a algo que é extraordinariamente anormal e referiuse ao caso do centro de Meis no que o equipo directivo está en corentena e hoxe tivo que abrir as súas portas igual sen os traballos de adaptación e os horarios feitos e ao que as familias decidiron non enviar o alumnado. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias