El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

Menos samba e máis traballar

01-02-2019

Está á volta da esquina, o 26 de maio, estamos chamados a elixir as corporacións dos concellos e tamén os europarlamentarios. Toca unha análise do traballo feito e repasar as promesas cumpridas, este é o tópico de sempre.

A realidade hoxe é que as máquinas dos partidos están a todo meter, xa se aprecia que non se andan con chiquiñas, mesmo o propio PP ten tensións potentes: Ourense, Viveiro, Ribadeo, Monforte... É tamén a época das enquisas e sondaxes de botar números para as deputacións. 

Porén estas eleccións que todo o mundo pensaba con menos siglas e máis tranquilas van ser todo o contrario, coido que a mostra está en Ferrol ou Ourense. Cidades onde imos ter máis listas que xente. Tampouco é malo é unha expresión máis do cansazo da xente, que cómpre xestionar.

Neste senso é onde eu quería incidir, agora xa non valen queixas nin frases feitas sobre a política e os políticos. Agora é o momento de menos samba e máis traballar. Son dos que opina que todos os cidadáns tiñan que pasar por unha lista electoral, espectro existe para case todo. Coñecer os interiores das candidaturas, organizar campaña e actos, pegadas, falar coa xente... faría que a política recuperase o seu sentido e a súa valía. Moitas das criticas son merecidas seino pero moitas outras son simplemente dogmas e clichés. Acaso non merecen respecto aquelas persoa dunha lista electoral que entregan o seu tempo, ideas e recursos para mellorar os concellos onde viven? Na acción da política non todo son grandes salarios e corrupción, iso é o mínimo, mais entendo que sexa o que cabrea. Mais contra iso existe unha maneira de loitar, que vai máis aló de criticar, chamase comprometerse. 

Comprometerse cos veciños e veciñas, co teu pobo, coa túa comarca e co teu País que é Galicia, para poñer o teu gran de area na mellora social e no reparto equitativo das oportunidades. E tamén, porque non, para botar da política ós seres depreciables e que aproveitan da situación. Despois do 26 só queda a queixa do bar e o tempo perdido no avance da sociedade, que é a peor consecuencia de que gobernen os mediocres.

Anímovos a participar da política, a ser parte da roda que move a sociedade e tamén marca o futuro. Que mellor maneira dignificar esta nobre acción? Porque políticos vai haber e depende de todos nos que sexan os adecuados. Sempre lembro unha frase dun ancián que foi votar, díxome, ”vota sempre, este día somos todos iguais, o voto vale o mesmo para todos”.

Lembrade que non fai moito non se votaba, e os dereitos que non se exercen poden perderse.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca