El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

E si pasa?

09-08-2019

A política e o mapa de partidos en Galicia é o que é, e podo dicir con coñecemento de causa que é moi complicado. Ven sendo un ecosistema propio que en nada se parece o do resto da meseta, nin sequera o do resto de nacións; Euskadi ou Catalunya. Os parámetros políticos galegos cambian con cada elección., aínda que pareza que todo segue igual. 

Vivimos nunha esfera política que xira en torno a partidos, que non de políticos, nin da xente.

Un PP de Galicia moi intricado na sociedade e que sabe moi ben o mensaxe de cada momento, por experiencia que non por traballo, mais non deixa de ser unha sucursal de Génova con algo de autonomía, un estilo a Puerto Rico e os EUA, que parece que é pero no memento da verdade vota o que manda Madrid.

Un PSOE de Galicia que depende da capacidade do líder de quenda de apertar os parafusos ós cadros do partido, un proxecto personalista e moi dependente neste momento de Ferraz, Quen aproba as lista ten o poder. Xa non quedan galeguista en esta formación, defenden que Galicia e Badaxoz teñan o mesmo peso no Estado, está nas hemerotecas tamaña fazaña de G. Caballero.

E despois un nacionalismo de consigna e doutrina, que non se parece en nada á sociedade galega, feito por ideólogos que miran o seu futuro en Venezuela e China, isto oferta o BNG, que máis aló de loitar pola Nación galega está centrado na súa estratexia política de vender unha recuperación de espazo. Recuperación que vai máis ben lenta. Un partido que non é capaz de pactar puntualmente coa parte dereita do taboleiro, aínda que beneficie a Galicia. Podo estar no certo, ou non, con este mapa político, cada quen que opine.

Pero en Galicia tamén corre un aire de cambio, unha brisa frouxa pero constante, de xente que xa non acredita no sistema anterior, un fenómeno do que se beneficiou a inicial Marea pero que todos sabemos que traizoou para ser un partido estatal máis. Existen partidos dignos con estrutura como CxG e outros e tamén persoas a titulo individual, existe unha nova En Marea de Villares que espero poña a Galicia antes que a Errejón, grupos sociais, veciños e veciñas... que teñen a obriga de facer unha UNIDADE DE ACCIÓN por recuperar o sentimento de Nación, para nas vindeiras eleccións galegas conseguir recuperar a autoestima e a credibilidade da política galega, e si pasa?

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca