El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

"A política, outra vítima do Covid"

17-04-2020

Todo xira sobre as posicións políticas no relativo ao Coronavirus de Wuhan: cada televisión, cada xornal, cada repaso e case cada conversación ten como eixo as posicións e decisións políticas de tal ou cal. E non discuto que teña certa lóxica mais despois de tanto tempo e con tanto tempo esta situación so leva a unha secuela seria, a desafección total da poboación sobre a política xeral.

Na situación de desafección, soamente gañan posicións: os extremismos e populismos. As máquinas políticas dos grandes partidos analizan esa situación e preparan a súa mensaxe para tal escenario, unha sociedade partida ao 50% e sen escala de grises nos valores morais e políticos, un retroceso social e político do que dificilmente se recupera unha sociedade moderna.

A escalada de agresións e discursos semellase demasiado á de posicións guerra civilistas. Nunha situación de grave risco, primeiro de saúde xeral e despois económica e social, onde están hoxe os políticos de altura, a xente con capacidade de consenso e critica? Simplemente non existen no Reino de España. Unha vez máis somos vítimas do sistema de partidos, que son en si mesmos unha máquina económica e de intereses. Pouco importa a xestión dunha crise mundial, importa captar adeptos á maquinaria do partido, guerreiros con bufanda como os que imos ao fútbol cada xornada, sen critica se opinión, dogmáticos do líder e con fe cega no partido. O Covid 19 fixo que ese proceso acelerase e se inflamase.

Dixo Vítor Hugo , “todas as situacións de crisis teñen un lostrego que nos cega ou nos ilumina” esta moi claro neste caso estamos todos cegos, basta un repaso pola prensa internacional e ver como a política no resto de Estados serve parta unir e buscar un camiño común, a posición da oposición portuguesa marabilla aos españois, imaxinade como se nos observa dende fora.

A política española está tamén hoxe na UCI, cómpre un traballo de redefinición de valores políticos aos grandes partidos, a política non é deporte non ten extremos, a política e debate e transparencia e consensos. Cando un inimigo como este virus ataca soamente é posible un camiño a unión, unha tarefa de todos.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca