El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

Clase política

13-11-2020

A seriedade da clase política do reino de España ten o paradigma na situación en materia orzamentaria. Xa son case 1.095 xornadas co deseño orzamentario de Montoro e Rajoy. Naquela altura o PSOE propoñía un texto alternativo cun nome moi sonoro: “Un proyecto para España” no resume executivo do documento, manifestaba que os orzamentos de 2018 non propoñían un crecemento de base sólida ou que situaban a España ao nivel de Romanía ou Bulgaria. Paradoxos da política de Estado, 1.095 días aplicando esta folla de ruta por parte do goberno e sen vergoña algunha, porén a culpa toda non é do socialistas, grande parte é de Unidas Podemos, que novamente por pura táctica política non apoiou os orzamentos da primeira administración sanchista, saíulles ben, agora o líder supremo é Vicepresidente. 

O realmente preocupante é a simpleza da situación. Dúas columnas da política son: os orzamentos e o programa electoral. Mais a situación política xeral tumba esta realidade. Ao parecer non é preciso cumprir a palabra dada nos programas e xa moito menos é necesario deseñar unhas liñas de acción para gastar o de todos e todas, que simpleza a política hoxe, a política de redes sociais e TV. Os orzamentos e o programa son para vellos, esa é a nosa clase dirixente a elite política do Estado a que non ten palabra. 

Pero en realidade si importa a proposta de orzamentos, importa e moito no taboleiro internacional, na seguridade xurídica de inversores, no futuro dos territorios e sobre todo na equidade da sociedade. É non, esta proposta de PSOE e Unidas Podemos, non é xusta ni reflicte as necesidades de Galicia. En grandes cifras esta proposta do goberno acrecenta a diferencia da Galicia Atlántica coa Galicia Oriental, non todo é AP-9, é máis non é xusto amañar os problemas de Audasa e non ser quen de conectar Lugo e Ourense, por non falar do convoi do norte do País ao as necesidades dos portos do Estado. 

A sempre presente tendencia do PSOE cara o levante e o Sur, hoxe na proposta é acrecentada, sen rubor e sen medias tintas. Un único voto do BNG non vai chegar, é máis a única visión do BNG dende esquerdas non é boa para unha Galicia plena, canta falta ten Galicia dunha presenza como a de Euskadi.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca