El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

Universidades Privadas galegas

04-12-2020

O camiño post-covid, máis ben coa Covid controlada, que está a marcar a Unión Europea é o horizonte dunha Europa totalmente verde e respectuosa co medio, no que as persoas sexan o centro da acción política e da xestión e na que a acción sobre a sociedade vai ir moito en relación a campos formativos aínda por descubrir. Neste senso dúas son as cuestións importantes: a formación e sentar as bases sobre as que a economía ten que xirar 180 grados e optar por un sistema produtivo novo e diametralmente oposto ao actual coa base en combustibles fósiles. Moito me temo que no relativo a Galicia este cambio de paradigma non esta reflexado nos orzamentos do Estado, xa non pola baixa temeraria do 11%, dos xa baixos de 2018, nin porque sexan os peores dos últimos 15 anos. A realidade é que os 832 millóns que o Estado vai investir en Galicia, non inciden en nada estratéxico para nós, polo cal chegará o tan ansiado Ave, mais Galicia perdera novamente o tren europeo, co aplauso do PSdG PSOE.

No tema formativo, asalta a dubida sobre se as universidades galegas son quen de adaptarse ao novo mundo que chega, imos ver por onde van os pasos, pasos que aínda non se iniciaron. Podo acoller con cautela, mais con optimismo a existencia de dúas propostas de universidade privada, CESUGA e ABANCA, na boa lóxica de que dúas iniciativas modernas poden ser forza tractor que tamén beneficie e impulse a modernidade da universidade pública galega. Eu evidentemente aposto pola pública de calidade sendo consciente de que dúas privadas poden facer de Galicia un polo formativo de primeiro orde en España. 

A eiva é que algúns pretenden xa a descalificación da iniciativa, por cuestións de ideoloxía, transformándoa nunha loita Coruña-Vigo, xa non norte e Sur. Facendo un dano enorme á cohesión do noso territorio e á realidade do mesmo, aquí é onde a Xunta de Galicia ten un factor regulador. As iniciativas de universidade privada non poden e non deben so atinxir a Coruña e Vigo, a realidade de Galicia é moito máis e a Xunta ten que obrigar a reflexar a cohesión territorial tamén con Lugo e Ourense evitando así que os dogmáticos de sempre teñan a tentación de espertar vellos pantasmas. 

Mesmo algunha comarca pode saír beneficiada, porque non neste momento unha dotación universitaria privada en Mondoñedo ou mesmo en Verín? medios teñen estas dúas vilas e se a oferta formativa é boa pode atraer riqueza e benestar a todo o territorio. O certo é que se Galicia quere ser forte en Europa non debemos ter o luxo de desbotar iniciativas formativas de alcance e calidade, aínda que sexan privadas. É máis se son privadas acaso non é unha maneira de redistribuír a riqueza destes empresarios? Non colle pois a ideoloxía dogmática, o que precisamos é defender a mellor pública e respectar a privada no tema das universidades.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca