Ás veces opinamos que a xestión europea está moi lonxe da cidadanía, como un ente invisible que opera desde Bruxelas e Luxemburgo, non sen razón, dependendo de onde. Certo é que a burocracia europea e ríxida e moi compacta, porén desde a miña forma de ver é efectiva e máis próxima do que poda parecer. Accedendo aos parlamentario europeos de cada circunscrición podes poñer cuestións no debate da UE, mais son consciente de que a vida partidaria é en España un obstáculo para tal fin, os deputados/as renden obediencia partidaria, non territorial, agás algún caso.
O cambio de paradigma na relacións que causa a COVID-19 pode impulsar una nova forma de aproveitamento do marco legal europeo, as Iniciativas Cidadás. Hoxe coa conexión global e coas vídeo chamadas, instauradas na vida de cada quen, é máis doado a implicación de dita medida. É certo que as condicións son duras, 1 millón de firmas e 7 Estados, cun mínimo por Estado porén son condicións xustas para recoñecer a diversidade da iniciativa.
Neste punto e como opinión quero falar dunha destas Iniciativas Cidadás con xerme en Hungría que uns amigos están poñendo en valor: SignatureEurope na web a cal considero moi interesante a unha oportunidade para Galicia como País como unidade cultural e como Nación con problemas estruturais propios de eido meramente europeo como a PAC e a pesca.
É unha iniciativa para poñer o debate na Unión, da necesidade de protexer as rexións con identidade de Nación como o é Galicia. Pero non no debate de ser ou non, ou de recoñecemento internacional, iso xa o temos de facto (cómpre máis traballo certo) vai encamiñada á cuestión importante no marco europeo, o acceso directo a fondos UE. Para unha acción política moi concreta: a xestión para a cohesión económica, social e territorial dun xeito efectivo que non altere a personalidade e identidade que lle son propias a cada rexión. Garantindo o éxito da diversidade cultural e freando o afán de centralización dos Estados en moitos dos casos.
Considero que este é un debate o que Galicia ten moito que gañar, esta IC está moi preto de conseguir as condicións para o debate nos centros de poder da Unión Europea. En España, hoxe está no 96% da sinaturas. Aquelas persoas que acreditan nunha Europa dos Pobos, nunha Europa Federal e diversa e na Nación galega, pídovos o apoio a esta boa iniciativa.
Piñeiro Docampo