El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

4 de cada 10

30-04-2021

4 de cada 10, é o número de persoas de entre 14 e 15 anos que non teñen aptitudes para desenvolverse en galego. O 25%, é un numero socialmente vergoñento, e para nada aceptable como sociedade e como País. O galego é o mellor expoñente da nosa identidade e da nosa realidade nacional. O 70 % da mocidade galega asume que o castelán é o seu vehículo de relación co seu entorno, esta si é para min a cifra preocupante, un grande precipicio.

Cómpre que sexa pois a administración galega a que coide e potencie o uso da lingua galega, como? Pois facendo que sexa un uso natural, como? Pois facendo que sexa un uso aproveitado, como? Pois dándolle ao galego o rango que merece e que sexa un valor diferencial tamén no ocio e divertimento dos máis mozos, xunto coa capacidade de negocio.

Neste senso, vexo con preocupación que son poucos os proxectos e accións relacionados cos fondos europeos que teñan en conta ou que teñan como eixo a nosa lingua. Non é esta situación unha clara mostra da realidade? Non vai ter Galicia proxectos relativos á súa lingua? Euskadi, plántea aquí a “Gran Biblioteca Dixital Vasca” que envexa.

É a dixitalización un chanzo complicado para o galego, por iso é preciso que sexan os axentes públicos os que propoñan fondos de recuperación neste senso, infelizmente en Galicia non van por ese camiño as propostas. É todos somos conscientes de na era dixital aos máis mozos podemos perdelos no uso e mantemento do galego. 

Portugal é un exemplo na súa xestión de fondos europeos, Portugal Norte e Galicia poden e deben ser un motor de recuperación postpandemia, unidos territorialmente e tamén polo uso dun idioma común e cultura similar. A coñecida como Lei Paz Andrade, que tan ben defendeu no Parlamento, Xosé Carlos Morell, ten unha visión adianta á situación actual o aproveitamento do idioma común. A Lusofonía supón un gran ecosistema de riqueza e de negocio ao servizo de Galicia e dos Galegos, que nos sitúa nunha vantaxe competitiva. Ter en conta que o idioma de negocios máis falado do hemisferio Sur é o Portugués. Non é esta unha razón para que ese 70 % de uso maioritario do castelán se equilibre. Ollo non significa non falar castelán, significa valorar a vantaxe competitiva e conseguir un equilibrio. Ese equilibrio sitúa a Galicia nun alcance de 768 millóns de persoas.

En definitiva, cómpre presentar proxectos aos fondos europeos que teñan a sensibilidade precisa co noso maior tesouro: a lingua. Cómpre dar valor á posibilidade de negocio que supón o galego, cómpre tamén fabricar máis ocio e máis contidos tamén en galego. Algunha iniciativa esta nacendo nese camiño, eu coñezo dúas, imos vendo.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca