El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Apunte

E aínda teremos que dicir que chove

05-07-2021

Vimos de ver que as festas da Maruxaina contarán con máis aseos públicos e cunha maior vixilancia, unha solución que pouco ten que ver co verdadeiro problema do que aconteceu na vila de San Cibrao e de todo canto acontece a cotiá. A derradeira trampa, a patriarcado que permea dende as “nosas” institucións ata o discurso popular. Ese monstro que leva a homes e mulleres a culpabilizar ás vítimas e que pón o foco, unha luz abrasadora, nun xesto tan mínimo como mexar nun sitio público ante as insuficiencias de servizos nunha festa multitudinaria cando o que verdadeiramente debería de facernos enoxar é a mercantilización total e absoluta dos corpos das mulleres.

Tan pouco vale o noso corpo? Semella que para moitos o máis vergoñento non é que eses corpos pertencentes a mulleres que coñecen fosen arrebatados, e iso non se arranxa con aseos senón coa restruturación dos nosos valores como sociedade. Temos materias pententes; o respecto á muller, a empatía ante as desgracias das que non formamos parte. A necesidade dunha coeducación e de cambios profundos no sistema. Ao patriarcado non o para unha cámara de vixilancia porque o ollo que mira pertence ao mesmo dono. Ao patriarcado fréao unha marea lilá. Nós estamos con elas. Observatorio da Mariña Pola Igualdade

Cartas al Director


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca