El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

Renovar os votos

23-07-2021

Ás portas do 25 de xullo, cada ano, fago unha reflexión, cal é a mellor forma de sentirse un patriota galego? E cada ano contéstome o mesmo: non existe unha mellor forma, todas son boas, sentir Galicia non é unha filosofía que se poda modular ou poñer baixo unha regra. Sentirse patriota de Galicia é unha acción de cada quen, como cada quen escolla, sen imposicións. Si o sentimento e verdadeiro e a saudade é limpa.

O que si significa, polo menos para min, o día Nacional de Galicia, é unha renovación dos votos, do compromiso de loita por unha Galicia con futuro, con identidade, con bilateralidade e sobre todo dona de seu e das súas decisións. Galicia é hoxe a nación histórica do Estado español con menos peso político en Madrid, con menos capacidade de atracción de políticas propias, para resolver problemas que nos son propios, que non vou a expoñer xa que todos sabemos, co risco de perder interlocución na futura configuración do Estado.

É unha renovación de votos, o día da Patria, no senso de que acredito na realidade de que a política galega sofre unha anomalía. Non se pode construír un País soamente coa visión desde a esquerda, máis difícil se cabe cando esa esquerda mira a Cuba, Venezuela, Corea Norte... quen pode acreditar en facer nación sen unha parte maioritaria da propia Nación? Un voto de reafirmarse para o impulso dunha acción política transversal e de progreso que nova dunha vez por todas os marcos de aqueles que teñen usurpado e roubado o discurso do nacionalismo socialdemócrata, socio liberal e mesmo demócrata cristián. Alguén pensa que se pode facer Galicia de costas a esta realidade? Cando menos unha nación plena, cunha relación bilateral en España dentro de Europa, non.

É o día 25 de xullo, a renovación dos votos da defensa dunha Galicia fortemente Europa, para moitos Europa é a mellor forma de ser Galeguista, o noso é por forza da historia un pobo global, con moitas raíces tamén en Europa de todos aqueles que se asentaron no noso territorio. Un pobo presente en toda a orbe e que ten claro ademais que o mundo é redondo e que se pode vir a Galicia desde tódalas direccións, e sentirse plenamente galego. Unha nación que quere estar en Europa, que quere que ese sexa o modelo social de construción común, de resposta solidaria e de defensa do noso xeito de vida. Vexo aquí tamén unha necesidade, a da acción política nacional que acredite nese camiño europeo, e niso estamos. 

Viva Galicia, o 25 de xullo e todo o ano, o meu compromiso é con Galicia, Galicia co sentimento de Rosalía, coa maxia de Cunqueiro e coa valentía de Castelao.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca