En pouco tempo veremos como chega un montón de diñeiro grazas aos fondos da Unión Europea ao noso país. Así e todo, parece que estes só regarán o alto da montaña económica, onde se sitúan as medianas e grandes empresas, e sen embargo esta chuvia de cartos parece que vai ser difícil que alcance a base, onde están instalados os autónomos.
Estes emprendedores están exhaustos de pelexar contra moitos elementos. O principal, nestes momentos, a situación creada por mor da pandemia. Pero hai outros que seguen sendo o tormento destas persoas que teñen un duro labor diario para levar adiante os seus negocios. Como, por exemplo, a dixitalización, o comercio electrónico ou a actualización nas novas formas de xestión. Estes son algúns dos apartados onde o autónomo necesita do máximo apoio. De non ser así moitos deles terán que pechar os seus negocios nos vindeiros meses. Algo que sería contraproducente para todos nós.
Dende Compostela Monumental pedimos urxentemente que “apoiemos aos autónomos!”, homes e mulleres imprescindibles para o benestar dos nosos pobos, vilas e cidades. Xente que precisa, hoxe máis ca nunca, do apoio de todos os actores sociais e económicos, institucións e administracións de España.
Apoiando aos autónomos estamos axudando a construír un país máis forte economicamente e socialmente.
José Ángel Blanco Núñez