Os datos que hoxe coñecemos indican que en 2023 o paro rexistrado diminuíu en Galicia en 12?768 persoas; esa redución do 4,1?% é inferior á do Estado, onde a caída é do 4,6?%. O dato do paro rexistrado o pasado mes é o máis baixo da serie para un mes de decembro desde 2005.
A afiliación á Seguridade Social no derradeiro día de decembro increméntase en 22?442 persoas (2,2?%) con respecto ao mesmo período do ano anterior (no Estado, a suba é do 2,8?%), mentres que se atendemos á variación media mensual, esta recolle un aumento de 20?020 persoas (incremento do 1,9?% en Galicia fronte ao 2,7?% de suba no Estado). Se tomamos como indicador a afiliación media, estariamos a falar de que en Galicia hai 1?062?280 persoas traballado. Ao considerarmos a afiliación rexistrada o derradeiro día de cada mes, o volume de persoas traballando en Galicia ao remate de 2023 sería de 1?055?066. En calquera dos casos, constatamos que en Galicia faltan por recuperar máis de 30?000 empregos dos existentes antes da crise do 2008.
Os datos publicados evidencian un bo funcionamento do emprego no ano 2023, aínda que peor en Galicia que no conxunto do Estado. O desemprego redúcese menos que no Estado e a afiliación medra menos. Se unha mesma lexislación común ao Estado ofrece unha evolución diferente dos indicadores laborais, a explicación haberá que buscala nas eivas da nosa estrutura produtiva e nas políticas —ou na súa ausencia— aplicadas no ámbito autonómico.
Outro dato positivo é que, grazas á reforma laboral, os contratos indefinidos se triplicaron e a precariedade reduciuse notablemente, o que inflúe de maneira importante na mellora das condicións de vida da cidadanía galega.
No lado contrario, non podemos deixar sen denunciar a fenda de xénero que sofren as traballadoras galegas, que ten moito que ver coas actividades e as condicións en que desenvolven o seu traballo. Desde CCOO esiximos un maior compromiso tanto das empresas como da Administración autonómica para mudar neste novo ano a situación laboral das mulleres galegas.
Análise por sexos e sectores
En Galicia hai 54?711 homes e 74?793 mulleres desempregados en decembro de 2023. No último ano, o desemprego redúcese tanto entre os homes (5137 parados menos) como entre as mulleres (7581 paradas menos). A maior redución do paro feminino non impide que o peso das mulleres no desemprego se manteña invariable no 58?%. O desemprego baixa en 152 persoas nas idades máis novas e entre as de máis idade, en 12?566 persoas.
O paro redúcese en todos os sectores de actividade pero especialmente nos servizos nos últimos doce meses: no sector primario hai 432 persoas desempregadas menos, na industria 2024, 1308 na construción e 8648 nos servizos. Se comparamos porcentaxes, é na industria onde máis cae o desemprego (13,3?%), seguida da construción (12,7?%), o sector primario (9,0?%) e os servizos (8,6?%), respectivamente. No colectivo sen emprego anterior, o desemprego diminúe en 303 persoas.
Análise da contratación
En 2023 rexistráronse en Galicia 724?405 contratos, dos que 489?296 foron temporais e 235?109 indefinidos. Os contratos indefinidos, que en 2021 (antes da reforma laboral) supoñían o 10?% do total da contratación, representan o 32?% en 2023; pola contra, os contratos temporais pasaron de supoñer o 90?% ao 68?% no último ano. É dicir, o impacto positivo da reforma laboral triplicou o número de contratos indefinidos e reduciu nun terzo os temporais.
Afiliación á Seguridade Social
Canto á Seguridade Social, a afiliación media mensual medra en 20?020 persoas en 2023, situando o número de persoas traballadoras afiliadas en 1?062?280; delas, 838?717 corresponden ao réxime xeral, 204?876 ao de autónomos e 18?690 ao réxime especial do mar. A afiliación media en Galicia aumenta un 1,9?%, mentres que en España medra un 2,7?%.
Se facemos a comparativa cos datos do derradeiro día de mes, a afiliación increméntase en 22?442 persoas en 2023 ata alcanzar 1?055?066 afiliados e afiliadas; é dicir, rexístrase un incremento anual do 2,2?%, cando no Estado o incremento é do 2,8?%.
Canto á evolución da afiliación media aos réximes xerais e de autónomos, comprobamos como no último ano o emprego medra en todas as ramas de actividade agás no sector primario e nas industrias extractivas. Por volume de emprego creado, destacan o sector sociosanitario (3742 novos empregos), a hostalería (3378) e as actividades profesionais, científicas e técnicas (3220).
Outro dato positivo é o cambio no modelo produtivo cara a actividades de maior valor engadido: actividades profesionais, científicas e técnicas (3220 empregos novos, un 6,0?% máis), información e comunicacións (1425 empregos, un 5,8?% máis) e educación (2765 empregos novos, un 4,7?%máis). Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO
Cartas al Director